Inicio Galicia Miranda agradece ao Centro Gallego de Málaga o seu labor para levar...

Miranda agradece ao Centro Gallego de Málaga o seu labor para levar a cultura e a tradición galegas aos espazos públicos da capital andaluza

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co vicepresidente da entidade malagueña, Alfonso Bermúdez Virgós


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu ao Centro Gallego de Málaga os seus esforzos por levar a cultura e a tradición galegas a outros espazos públicos da capital andaluza, permitindo que cheguen, non só aos galegos residentes nesta comunidade, senón a todos os habitantes da provincia. O responsable autonómico aproveitou o encontro que mantivo co vicepresidente da entidade, Alfonso Bermúdez Virgós, para transmitirlle o apoio da Xunta de Galicia ás diferentes actividades que está a organizar a colectividade galega en Málaga.“Animamos aos galegos tanto da capital de provincia andaluza como do resto da comunidade a seguir levando as súas actividades aos espazos que comparten cos seus concidadáns, porque o importante é que todo o que fagamos en materia de cultura sexa para tratar de irradialo ao ámbito das sociedades onde están establecidas esas entidades”, sinalou Miranda.

Máis de 5.000 galegos na provincia andaluzaO Centro Gallego de Málaga, aglutina máis de 150 socios, que organizan todos os anos diversos actos relacionados coa cultura da súa terra de orixe, como a celebración do Día das Letras Galegas, no que enxalzan os autores máis relevantes da historia da comunidade.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Na provincia malagueña residen actualmente 5.057 dos 21.685 galegos que hai en Andalucía, segundo os últimos datos oficiais publicados polo INE, con data 1 de xaneiro de 2018. Deles, algo menos da metade, 2.032, foron nados na Coruña, 1.575 en Pontevedra, 853 en Ourense e 597 en Lugo.  


- Te recomendamos -