Inicio Galicia Míguez destaca o tecido asociativo que ?medra en cantidade e calidade? e...

Míguez destaca o tecido asociativo que ?medra en cantidade e calidade? e que posibilita que desde a tempada 2009-2010 a Xunta e Abanca destinen 20 millóns de euros aos equipos de alto nivel

0

O Plan de patrocinio que contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 92% desde o primeiro ano do Plan


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e mais o director da zona de Pontevedra cidade de Abanca, José Luis Ramírez Matos, presentou na mañá de hoxe os convenios de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2018, neste caso dos equipos de Pontevedra e a súa área. O Plan de patrocinio, que para esta tempada contará cun orzamento global de 2.420.000 euros, está financiado pola Fundación Deporte Galego (1.694.000 euros) e por Abanca (726.000 euros) e beneficiará a un total de 171 equipos galegos o que representa un incremento do 3% con respecto ao ano anterior, cando foron 166 os equipos beneficiados, e do 92% respecto ao primeiro ano do Plan, na tempada 2008-2009 que contou con 89 equipos patrocinados. Un ano máis, o número de equipos femininos patrocinados volve medrar, 28 equipos na tempada 2008-2009, 69 o exercicio pasado e 72 na actual campaña porque, como dixo Marta Míguez, “dalgún xeito ten que verse reflictido que cada ano somos máis as mulleres que practicamos deporte, ben sexa federado ou non”. De feito, lembrou que nesta tempada, as cifras de licenzas femininas no deporte federado galego xa alcanza o 23,6% do total.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

A responsable do deporte galego felicitou a todos os equipos presentes polo traballo e polos resultados acadados e dirixiuse aos directivos dos clubs para felicitalos tamén pola súa xestión. Nas súas verbas, Míguez dixo crer no “tecido asociativo que cada ano medra en cantidade e calidade e que presta un servizo fundamental á sociedade facéndolle accesible o deporte e a competición”.

En termos absolutos, desde que o Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia botou a andar na tempada 2009-2010 a Xunta leva consignados a este aspecto preto de 20 millóns de euros. Neste sentido, a a secretaria xeral agradeceu a ABANCA “o seu esforzo e a súa aposta decidida polo deporte galego”.

Ao fío desta idea, a secretaria xeral identificou o deporte como “unha fórmula xeradora de negocio polo seu enorme retorno, notoriedade e boa imaxe”, cualidades extensivas ás empresas que o apoian, engadiu. Por todo iso, dixo Marta Míguez, “o deporte como produto de consumo constitúe un obxecto económico moi atractivo no mercado de bens e servizos” e supón maior visibilidade e importantes oportunidades de comercialización e vantaxes competitivas. “Apoiar ao deporte é sempre un investimento”, apuntou. Así, Marta Míguez fixo un chamamento a todas aquelas entidades privadas para que, como ABANCA, “se sumen a este compromiso de patrocinio do deporte galego porque só se pode gañar apostando polos mellores expoñentes”.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

Os 38 equipos de Pontevedra e a súa área -2 máis que o exercicio pasado- que asinaron hoxe os convenios de patrocinio suman un investimento total de 501.830,36 euros, o 21% do orzamento total do plan, e foron: o Club Náutico Umia, Club Xuventude Baloncesto de Cambados, Club Cambados Tenis de Mesa, Club de Piragüismo As Torres (masculino e feminino), Club Piragüismo Illa de Arousa, Asociación Educativa e Deportiva O Fisgón, Asmubal Meaño, Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán Do Grove (masculino e feminino), Club Balonmano Porriño, Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Club Poio Fútbol Sala, Club Kayak Polo Combarro, Club Escola de Piragüismo Poio (masculino e feminino), Club Náutico Pontecesures (masculino e feminino), Sociedad Gimnástica de Pontevedra (masculino e feminino), Club Baloncesto Arxil, Sociedad Deportiva Teucro Pontevedra, Clube Cisne Balonmán, Pontevedra C.

F. S.

A.

D. (absoluto e xuvenil), Fútbol Sala Cidade de Pontevedra, Club Halterofilia Rías Baixas, Club Naval de Pontevedra, Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, Club Náutico Ría de Pontevedra, Club Piragüismo Verducido-Pontillón, Tenis de Mesa Monte Porreiro (masculino e feminino), Club de Piragüismo C. P. Portonovo (masculino e feminino), Club Piragüismo Vilaboa, Agrupación Deportiva Cortegada e o Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

- Te recomendamos -