Inicio Galicia Medio Rural pecha administrativamente unha parcelaria en Baleira e outra en Castro...

Medio Rural pecha administrativamente unha parcelaria en Baleira e outra en Castro de Rei, na provincia de Lugo

0

En Baleira, a reestruturación de Pousada chegou á fase de firmeza de acordo

A Consellería do Medio Rural vén de pechar o proceso administrativo doutras dúas parcelarias na provincia de Lugo e que obtiveron a firmeza de acordo. Isto implica que os novos predios, dos que xa viñan facendo uso os titulares, son definitivos de cara á entrega de títulos.

A primeira destas reorganizacións é a de Pousada, no concello de Baleira. Supuxo a transformación de 2.925 parcelas en 489 predios de 178 propietarios, grazas a un investimento de algo máis de dous millóns de euros. Reestruturáronse algo máis de 1.200 hectáreas, que se suman ás xa concentradas no concello, é dicir, un total de 3.700 hectáreas reorganizadas ou en proceso neste municipio lugués.

A concentración de Ramil, no concello de Castro de Rei, contou ata o de agora cun orzamento da consellería dun millón de euros, logrou reducir o número de predios de 1.665 a 470. Neste caso son algo máis de 800 hectáreas propiedade de 250 veciños. Neste municipio reorganizáronse -ou están en proceso- case 9.000 hectáreas a través de 11 procesos de reestruturación parcelaria.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Estes avances enmárcanse no importante esforzo que está facendo a Consellería do Medio Rural por rematar procesos de reorganización abertos dende hai anos e, ademais, apostar por aquelas reestruturacións que teñan interese agrario para a contorna. 


- Te recomendamos -