Inicio Galicia Medio Rural leva destruídas máis de 52 toneladas de pataca no concello...

Medio Rural leva destruídas máis de 52 toneladas de pataca no concello de Muxía durante a campaña de recollida

0

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias apelou no Parlamento á colaboración dos veciños para acabar coa couza en Galicia

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fixo hoxe balance das actuacións levadas a cabo en relación coa couza da pataca e a súa evolución en Galicia. Fíxoo nunha comparecencia a petición propia na comisión 7ª do Parlamento na que avanzou os últimos datos en relación coa recollida de tubérculos en Muxía, o último concello declarado como infestado. En concreto, Do Campo sinalou que dende que se iniciou o proceso de recollida o día 25 de abril lévanse destruído 52.700 quilos de pataca. A esta cifra habería que sumar aqueles tubérculos que xa foran eliminados no momento en que se detectou a presenza do insecto no municipio, ata 3.885 quilos de patacas sospeitosas de estar afectadas.

Neste sentido, a directora xeral resaltou a importancia da colaboración veciñal na erradicación desta praga, xa que a única medida efectiva para evitar a súa expansión é non plantar pataca. O seu compromiso é crucial para evitar que chegue a zonas produtoras, tanto evitando a plantación como o movemento dos tubérculos. Nesta concienciación destacou o labor feito polos técnicos da consellería, primeiro coas charlas que se levaron a cabo en cada un dos concellos afectados e limítrofes e a través de folletos informativos entregados aos veciños, e a continuación durante a labor de recollida. “Dispuxéronse de cinco persoas para atender aos agricultores e axudalos a identificar as parcelas sementadas e tomar nota da existencia da pataca en Muxía”, declarou Belén do Campo, que lembrou que hoxe mesmo saía no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións pola retirada de pataca da que mañá se abre o prazo de solicitude.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

A Consellería do Medio Rural lembra que este proceso de recollida de pataca para a súa destrución segue en marcha e que está aberto ademais ata o 31 de maio o prazo para comunicar as plantacións na zona tampón, constituída por un radio de cinco quilómetros. Neste caso, só é obrigatorio a comunicación a nivel preventivo, non así a destrución da produción. En caso de non cumprir coas medidas, os particulares expóñense a multas de ata 3.000 euros en función da infracción. De feito, a directora avanzou que só neste ano abríronse outros sete expedientes sancionadores, seis na provincia de Lugo e un na da Coruña.

Redución no número de capturasAsí mesmo, Belén do Campo ofreceu datos ao respecto da boa evolución da couza na nosa comunidade xa que se ten reducido considerablemente a súa presenza, a pesar da súa localización noutro concello. Segundo a directora, no 2016 había 441 trampas de campo distribuídas por toda Galicia nas que se detectaron 14.158 couzas. Ao ano seguinte a raíz da demarcación de ata 31 concellos, fíxose un importante esforzo por ampliar esta rede e chegaron a instalarse ata 1.026 trampas de campo nas que os individuos detectados reducíronse ata os 4.553. A evolución máis destacada foi na provincia da Coruña, que pasou de 615 a 119 couzas, pero tamén Lugo mellorou os resultados ao pasar de 13.543 insectos a 2.706 no 2017.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Apoio á horticulturaNoutro orde de cousas, a mesma directora fixo balance das axudas de Medio Rural á que teñen acceso o sector da horticultura, fruticultura e da agricultura ecolóxica en Galicia. Neste sentido, sinalou que en determinadas convocatorias como a de desenvolvemento de pequenas explotacións dáse prioridade ás solicitudes procedentes destes sectores con maior puntuación. Así, en dous anos recibiron axudas ata 48 titulares vinculados a orientacións produtivas de horta e froito. No que a incorporación de mozos se refire, nos dous últimos anos, 126 o fixeron na horta e dos plans de mellora 72 foron a parar tamén a estes produtores.

E máis destacado é o compromiso adquirido pola propia conselleira de crear unha orde de subvencións específica de investimentos en explotacións agrícolas para os sectores da horta, fruticultura, flor, invernadoiros, cereais, etc. “Para que teñan máis posibilidades de acceder ás axudas sen competir con outros sectores coma o lácteo”, declarou Belén do Campo.


- Te recomendamos -