Inicio Galicia Medio Rural impulsa a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro coa...

Medio Rural impulsa a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro coa solta de ata 790.000 exemplares do seu parasito

0

A conselleira Ángeles Vázquez asistiu hoxe na localidade ourensá de Oímbra á liberación de individuos de Torymus sinensis, que parasita as postas do insecto causante da enfermidade nos soutos

A Consellería do Medio Rural intensificará este ano a loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro coa solta duns 790.000 individuos de Torymus sinensis, que parasita as postas do insecto que dana estas árbores, de nome científico Dryocosmus kuriphilus. Así o anunciou hoxe a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, durante unha visita ao concello ourensán de Oímbra na que se procedeu á liberación deste parasito.

A conselleira, que estivo acompañada polo director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, lembrou que dende 2015 a Xunta soltou máis de 200.000 individuos de Torymus sinensis para facer fronte a avespiña, cun incremento sostido destas accións, trala preceptiva autorización por parte do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama).

Así, despois de detectar os primeiros positivos da doenza no 2014, procedeuse á solta experimental e controlada de 1.500 individuos en 2015. Ao ano seguinte xa se liberaron 65.500 exemplares e, visto o avance da doenza, solicitouse un incremento das zonas de solta e dos individuos liberados, chegando ata os 133.000 en 2017.

Leer más:  Acepta dos años de cárcel y el pago de 120.000 euros por dar una brutal paliza a otro joven en Nigrán en 2020

Ademais, a consellería está a realizar un seguimento semanal dos máis de 9.000 puntos previstos e autorizados de solta, para realizar a liberación do parasitoide no momento máis axeitado, procurando as maiores posibilidades de éxito posible, xa que para facer estas operacións hai unha fiestra temporal reducida, que depende tamén do estado dos soutos.

Plan integralÁngeles Vázquez sinalou que todas estas actuacións fornecen un plan integral da consellería en materia de sanidade forestal, ao que só este ano se destinarán 4,2 millóns de euros, un orzamento que case duplica o do 2017. Deste xeito refórzase a loita contra diferentes enfermidades forestais, como a propia avespiña do castiñeiro ou o gorgullo do eucalipto, entre outras.

A titular de Medio Rural indicou ademais que todo este esforzo ten como obxectivo fundamental protexer a riqueza dos nosos montes e contribuír así ao mantemento dos aproveitamentos forestais sostibles, como fórmula para fixar poboación e xerar riqueza e emprego no noso agro. 


- Te recomendamos -