Inicio Galicia Medio Rural fai entrega de 36 novos vehículos todoterreo e 560 tablets...

Medio Rural fai entrega de 36 novos vehículos todoterreo e 560 tablets ao dispositivo de loita contra os incendios forestais

0

O investimento desta compra ascendeu a 1,1 millóns de euros, que se suman aos 7,3 millóns investidos no aluguer de 264 vehículos para este operativo

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá na Cidade da Cultura a entrega de 36 vehículos todoterreo para o dispositivo de loita contra os incendios forestais de Galicia, co fin de renovar e ampliar o seu parque móbil, que se compón de 1.336 vehículos con esta nova incorporación, dos cales preto do 68% son de propiedade do Goberno galego.

A conselleira sinalou que se está facendo un gran esforzo económico para ter todo a punto para a campaña de alto risco de incendios, que comeza o vindeiro 1 de xullo. Así, sinalou que se destinou máis de un millóns de euros na compra destes 36 vehículos, que se suman aos 264 vehículos alugados nos últimos meses. Trátase de mellorar, matizou a Ángeles Vázquez, a operatividade do Servizo de prevención e extinción de incendios á vez que se vela pola seguridade dos traballadores. A titular de Medio Rural indicou que nos contratos de aluguer, vixentes ata o ano 2021, realizouse unha inversión de 7,3 millóns de euros.

Leer más:  El primer viaje de Rueda del mandato será de carácter económico, con seis visitas a factorías en el sur de Argentina

Ademais, tamén se entregaron 560 tablets para que os axentes do Servizo de loita contra os incendios forestais teñan unha maior coordinación ante os lumes nos montes galegos, axilizando así o traballo e mellorando tamén a localización dos focos en tempo real. A compra deste material supuxo un investimento de algo máis de 100.000 euros.Ángeles Vázquez sinalou que é vital que o dispositivo de loita contra os incendios forestais estea dotado das últimas tecnoloxías, como o sistema Tetra, e das ferramentas necesarias para un correcto desenvolvemento do seu traballo.

Melloras constantesA estas novas ferramentas hai que sumarlle a ampliación das condicións de uso dos teléfonos móbiles e a compra de novas cámaras, co fin de perfeccionar os labores de investigación das causas dos incendios. Tamén se dotou ao persoal de novos Equipos de Protección Individual (EPI), coa renovación constante de botas, chaquetas e pantalóns, camisetas, cascos, gafas, luvas e protectores de colo. Un investimento de 1,7 millóns de euros que a Xunta realizou xa o pasado ano para mellorar a seguridade destes traballadores.

Leer más:  Besteiro hace un llamado a la militancia para "reactivar" el PSdeG y anuncia una conferencia política en otoño

- Te recomendamos -