Inicio Galicia Medio Rural e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño reforzan a...

Medio Rural e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño reforzan a súa colaboración a prol do sector agrario

0


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano con membros da Asociación de Cultivos do Baixo Miño (Acubam) para coñecer de primeira man o traballo que realiza esta entidade a prol do sector agrario galego.

Así, o director xeral agradeceu o esforzo desta asociación que trata de poñer en valor o sector agrario, revalorizando o aproveitamento da terra como medio de vida e dinamizando a zona rural desta área xeográfica. Para alcanzar este obxectivo, Acubam actúa como aglutinador dunha mostra representativa do tecido económico local, así como tamén como promotor de colaboracións con axentes externos sociais, culturais, académicos e da Administración, a favor do fortalecemento sectorial.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

- Te recomendamos -