Inicio Galicia Medio Rural constata que as medidas de control da couza da pataca...

Medio Rural constata que as medidas de control da couza da pataca funcionan e non houbo máis positivos na zona demarcada

0

Así se puxo de manifesto na reunión da comisión de seguimento desta praga, celebrada hoxe en Santiago e presidida pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, presidiu este mediodía en San Caetano a reunión da comisión de seguimento da couza guatemalteca da pataca, convocada tras a ampliación a Muxía dos concellos infestados por esta praga de corentena.

Nesta xuntanza constatouse que tras a revisión dos case 300 almacéns de particulares inspeccionados neste municipio da Costa da Morte e na zona tampón que o rodea non se localizou ningún positivo de couza. O reforzo deste labor de inspección decretouse como medida complementaria á recollida de pataca nestas áreas, así como a outras accións relacionadas coa información e divulgación aos interesados. Así, celebráronse xa reunións informativas nos municipios de Muxía, Cee, Camariñas, Dumbría, Vimianzo e Fisterra, así como unha xuntanza de coordinación con alcaldes, na que participou a propia directora xeral.

Así mesmo, están en execución ou preparación outras iniciativas, como as de continuar coa recollida de tubérculo en Muxía e municipios tampón e o deseño, colocación e revisión da malla de trampeo nestas áreas (infestada, tampón e libre próxima). Ademais, proseguirase coa recollida, transporte e destrución da pataca da zona infestada.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Por outra banda, a comisión de seguimento –na que están representados técnicos da Consellería, do Laboratorio Fitopalóxico de Galicia, da Fegamp e da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia”– insistiron na necesidade de respectar a normativa e non plantar tubérculo na zona infestada. Neste sentido, reforzaranse os controis e inspección nestes 33 concellos e lémbrase que a plantación continúa prohibida por segundo ano consecutivo. Neste sentido, cómpre advertir que na provincia de Lugo xa se abriron este ano cinco expedientes sancionadores por incumprir esta norma. 


- Te recomendamos -