Inicio Galicia Medio Rural asina con 19 concellos os convenios para financiar a compra...

Medio Rural asina con 19 concellos os convenios para financiar a compra de tractores para prevención de incendios forestais

0

A titular do departamento, Ángeles Vázquez, subscribiu hoxe os acordos cos responsables municipais, co fin de facilitarlles o cumprimento das súas obrigas na xestión da biomasa

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asinou hoxe con 19 alcaldes de toda Galicia os convenios para a adquisición doutros tantos tractores para a roza, que serán utilizados na prevención de incendios forestais nestes municipios.

Trátase de facilitar os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias das entidades locais. Os asinantes hoxe foron os concellos de Mazaricos, As Somozas, Vedra, Vimianzo e Zas, na provincia da Coruña; Abadín, Baralla, Mondoñedo, Navia de Suarna e O Valadouro, na de Lugo; Bande, Cartelle, Maceda, A Veiga e Xinzo de Limia, na de Ourense e Cuntis, Dozón, Portas e Ribadumia, na de Pontevedra.

En virtude destes acordos, Medio Rural financiará a compra da maquinaria por parte dos municipios beneficiados por un importe máximo de 85.000 euros en cada caso. A axuda destinarase á adquisición dun tractor e dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo). O IVE correspondente aboarao cada concello.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

A Consellería continuará con esta iniciativa e en breve proseguirá achegando financiamento, por un importe total de 3,2 millóns de euros este ano, para a adquisición de novos tractores, ata chegar a 35 neste exercicio. Estes sumaranse aos 35 subvencionados en 2017, co que xa serán 70 os apeiros financiados, que prestarán servizo a un total de 81 entidades locais. O propósito de Medio Rural é seguir con esta iniciativa o vindeiro ano, para facilitar aos concellos a execución destes traballos de limpeza nas infraestruturas rurais, predios e redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

Vías de colaboraciónEn total son tres as vías de colaboración cos municipios. Dunha banda, estes 19 convenios que se asinaron hoxe e aos que os concellos poden optar, por orde de prioridade, de acordo cunha serie de criterios obxectivos, entre os que figuran o seu número de entidades singulares de poboación, a súa superficie ou que teñan subscrito con Medio Rural o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Doutra parte, e dado que non todos os concellos podían optar a estas axudas por non cumprir coas referidas condicións, incorpórase unha segunda modalidade, a través das xefaturas territoriais. Serán elas as que cheguen a acordos de colaboración coas entidades locais para o uso desta maquinaria, que seguirá sendo propiedade da Consellería. En concreto, as xefaturas da provincia da Coruña e Lugo recibirán tres tractores cada unha, cinco a de Ourense e catro a de Pontevedra.

Ademais, hai un caso particular no que se contou coa colaboración da Deputación de Ourense, para a adquisición dun tractor destinado ao concello de Larouco. A conselleira asinou recentemente co seu alcalde, Joaquín Prieto, un convenio de colaboración polo que Medio Rural achegará un total de 102.850 euros para apoiar esta iniciativa, mentres que a entidade local aportará outros 32.000 euros, financiados polo organismo provincial.

ObrigasA través destas colaboracións a Xunta facilita aínda máis aos concellos o cumprimento das súas obrigas en canto a execución das rozas e o mantemento das vías municipais. A esta medida hai que sumar os tradicionais convenios de colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais; e o novo acordo coa Fegamp no que Medio Rural investirá máis de 28 millóns de euros ata o 2021 para poñer en marcha un sistema público de xestión da biomasa nas proximidades dos núcleos de poboación.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

Este convenio marco, ao que se poden adherir os concellos que o desexen, de acordo cuns criterios de prioridade acordados coa propia Fegamp, foi publicado hai unha semana no Diario Oficial de Galicia e os municipios dispoñen dende aquela data dun mes para sumarse ao acordo. 


- Te recomendamos -