Inicio Galicia Medio Ambiente subliña a importancia da cooperación cos concellos para acadar unha...

Medio Ambiente subliña a importancia da cooperación cos concellos para acadar unha maior eficiencia na xestión dos residuos

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático inaugurou esta mañá unha xornada organizada pola Fegamp para persoal municipal co fin de analizar a xestión da fracción orgánica dos residuos

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, subliñou esta mañá a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para lograr unha correcta e eficiente xestión dos residuos municipais e avanzar cara a implantación en Galicia dun modelo de economía circular.

Durante a inauguración da xornada FORSU: Retos e oportunidades, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para tratar a xestión da fracción orgánica nos concellos, Ferreira Costa lembrou que os chamados biorresiduos representan a maior parte dos desperdicios municipais, concretamente o 42%, motivo polo que merecen unha atención especial.

Así, dentro das accións previstas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para mellorar a xestión dos residuos, a directora xeral explicou que este ano está prevista a compra de preto de 3.000 contedores para a recollida de biorresiduos de orixe doméstica que estarán á disposición dos concellos.

Leer más:  Un trabajador fallece en una cantera de Mondoñedo (Lugo) luego de caerse con una máquina por un desnivel

Na mesma liña, Ferreira Costa tamén se referiu ás campañas de sensibilización impulsadas para lograr a implicación cidadá na separación de residuos e garantir o éxito da recollida selectiva dos biorresiduos e, particularmente, a redución dos desperdicios alimentarios, así como á posta en marcha dunha novidosa rede galega para a reutilización e reparación de todo tipo de residuos na que a Xunta espera contar coa colaboración de concellos, establecementos comerciais, entidades sociais e poboación en xeral.

Todos estes esforzos, tal e como explicou Ferreira Costa, enmárcanse na liña da futura Estratexia de Economía Circular de Galicia 2018-2030, unha folla de ruta que estará lista a finais deste ano co obxectivo de situar á comunidade autónoma na vangarda dun novo modelo económico no que os residuos se convertan de novo en recursos.

O modelo complementario de SogamaNo transcurso da xornada, dirixida a persoal municipal, tamén participou o presidente de Sogama, Javier Domínguez, que centrou o seu relatorio en explicar o papel que tivo a empresa pública á hora de introducir un cambio no modelo de xestión de residuos en Galicia, logo dunha etapa na que o vertedoiro supuña a única saída para os desperdicios que se xeraban na comunidade.

Leer más:  Pacientes del Hospital Universitario de Santiago abordan con el Servicio Gallego de Salud un cambio en el sistema de citas de Oncología que solucione los retrasos

Para seguir avanzando no sistema de xestión integral e complementario instaurado por Sogama, Domínguez referiuse tamén á ampliación do complexo de Cerceda, coa que poderá tratar un millón de toneladas de residuos ao ano e cuadriplicar a súa achega á reciclaxe, e á nova planta de compostaxe industrial inaugurada hai uns meses e cunha capacidade de tratamento prevista de 15.000 toneladas anuais.  


- Te recomendamos -