Inicio Galicia Medio Ambiente reforzará a retirada de niños primarios de velutina en vinte...

Medio Ambiente reforzará a retirada de niños primarios de velutina en vinte concellos da Rede Natura

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión con representantes da Agrupación Apícola de Galicia


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, vén de trasladar á Agrupación Apícola de Galicia que o departamento que dirixe reforzara a retirada de niños primarios de avispa velutina nunha vintena de concellos que teñen superficie dentro da Rede Natura.

Deste xeito, ao longo de 2019 priorizaranse estas accións para erradicar ditos niños deste insecto co fin de minorizar e conter a proliferación da mesma nos 20 concellos que teñen superficie en Rede Natura (Monfero, San Saduniño, A Capela, Melide, Toques, Santiso, Chantada, Sober, Samos, Ribadeo, Viveiro, Muras, Abadin, Calvos de Randín, Trasmiras, A Lama, Bueu, Cangas, A Illa de Arousa, Silleda e o Parque Nacional Illas Atlánticas).

A conselleira manifestou que para a localización dos mesmos é fundamental a colaboración cidadá, xa que a través dos avisos e dos avistamentos pódense activar as medidas necesarias para a súa retirada no prazo máis breve.Ángeles Vázquez lembrou aos representantes da Agrupación que a Xunta participa no proxecto Positive -no que esta agrupación tamén son socios beneficiarios asociados do proxecto-, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da vespa velutina entre países da zona Sudoe (países do sudoeste europeo).

Leer más:  Un adulto y un menor resultan heridos después de salirse de la vía y volcar su coche en Rois (A Coruña)

Trátase dunha acción -dentro dos proxecto Interreg-Sudoe- que ten por obxectivo contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están sendo atacados por especies como a velutina e que merman a súa función polinizadorea natural; é dicir, búscase o desenvolvemento de métodos conxuntos para o control deste insecto invasor, como é a vespa velutina.

O proxecto, que ten un orzamento de case dous millóns de euros, conta con financiamento nun 75% de fondo FEDER, promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal, e que se atopan en momentos importantes para a súa xestión.


- Te recomendamos -