Inicio Galicia Medio Ambiente inviste máis de 10.000 euros na limpeza e conservación do...

Medio Ambiente inviste máis de 10.000 euros na limpeza e conservación do rego de Santo Tomé ao seu paso por Meis

0

Técnicos de Augas de Galicia acometeron durante varias xornadas os traballos de mantemento, que consistiron na roza selectiva do tramo, clareo e poda de brotes de arbolado

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de concluír os traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes do rego de Santo Tomé ao seu paso polo Concello de Meis (Pontevedra).

Aos traballos destinouse unha partida de 12.900 euros e consistiron fundamentalmente na roza selectiva de todo o tramo, clareo e poda de brotes de arbolado; así como a retirada de todas as árbores e ramas caídas sobre a canle do rego, co fin de evitar atoamentos. Tamén se traballou na eliminación de masas localizadas de Arundo donax e os brotes de Acacia melanoxylon. Os labores dos técnicos focalizáronse sobre un tramo do rrego de case 400 metros de lonxitude que discorre pola parroquia de Lusío.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

Leer más:  La entrega del Premio José Couso de Libertad de Prensa destaca a las periodistas premiadas Hamedi e Mohammadi

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Estes traballos encádranse nas actuacións que ao longo do ano desenvolve Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de acondicionar os accesos e garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas. Con este tipo de intervencións, o organismo de conca pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos de Galicia-Costa.


- Te recomendamos -