Inicio Galicia Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Moraña en proxectos de humanización...

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Moraña en proxectos de humanización no casco urbano de Santa Lucía

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora Luisa Piñeiro reuníronse esta tarde para analizar diversos asuntos de interese para o municipio pontevedrés


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, mantiveron unha reunión de traballo esta tarde durante a que analizaron diversos proxectos de interese para o concello pontevedrés en materia urbanística.

Concretamente, a rexedora trasladoulle á conselleira que lle gustaría poder contar coa colaboración da Xunta para levar adiante unha serie de intervencións no casco urbano de Santa Lucía, centradas sobre todo na humanización de rúas e na recuperación integral dalgunha praza. Ángeles Vázquez, pola súa parte, comprometeuse a estudar con detalle o contido destes proxectos, que o Concello de Moraña quedou en enviarlle nas próximas semanas.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente promove e colabora a través de diversas liñas de axudas dirixidas aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas. 

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva acusa a la Xunta y al Estado "Es indignante"

- Te recomendamos -