Inicio Galicia Medio Ambiente e Craega analizan accións para a dinamización das zonas naturais...

Medio Ambiente e Craega analizan accións para a dinamización das zonas naturais e protexidas

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantiveron unha reunión co presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, na que coincidiron nas oportunidades que ofrecen as iniciativas que equilibran a conservación do medio e o fomento do emprego nas zonas rurais


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), Francisco López Valladares, mantiveron hoxe unha reunión de traballo na que analizaron a posibilidade de establecer canles de colaboración entre ambos organismos para levar adiante iniciativas de dinamización nas zonas naturais e protexidas de Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente destacou o potencial das entidades que están adheridas a Craega, xa que son produtores que buscan conseguir alimentos da máxima calidade, facer un uso óptimo dos recursos naturais, ao tempo que respectan o medio ambiente, combinando a súa actividade produtora coa conservación da fertilidade do solo e evitando o uso de produtos químicos.

Vazquez Mejuto sinalou que atoparán na Consellería de Medio Ambiente un aliado para levar adiante iniciativas que potencien o equilibrio entre a conservación dos recursos naturais e os valores ambientais e a xeración emprego e oportunidades nas zonas rurais de Galicia.

Leer más:  Anxo Angueira destaca el fundamento político y feminista de Rosalía en su discurso de ingreso en la RAG

- Te recomendamos -