Inicio Galicia Marta Míguez supervisa o estado final da pista de atletismo de Cangas...

Marta Míguez supervisa o estado final da pista de atletismo de Cangas tras a renovación do pavimento

0

O importe total das actuacións ascendía aos 129.990,15 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 50.000 euros e o Concello de Cangas os restantes 79.990.15 euros 


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez visitou hoxe as pistas de atletismo de Cangas sitas no lugar de Verín para supervisar o seu estado tras as obras de renovación do pavimento levadas a cabo pola Xunta de Galicia e o Concello de Cangas.

Estas actuacións realizáronse a tenor do convenio asinado o pasado 9 de outubro de 2017 entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cangas e no que se establecían as bases de colaboración para levar a cabo a renovación do pavimento das pistas. O importe total das actuacións ascendía aos 129.990,15 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 50.000 euros e o Concello de Cangas os restantes 79.990.15 euros.

Con posterioridade, o 22 de decembro de 2017, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cangas asinan unha addenda ao convenio debido a que ao tratarse dunha actuación de especial execución tanto pola necesidade de empregar determinados materiais como pola dependencia dunha estabilidade climatolóxica para o secado, dado que é unha obra exterior, necesitaríase ata o mes de agosto de 2018 para asegurar o remate da obra.

A día de hoxe as obras de renovación do pavimento das pistas de atletismo de Cangas están perfectamente rematadas e a instalación xa está a disposición de todos os deportistas nas súas mellores condicións. A secretaria xeral para o Deporte subliñou a importancia de “contar con infraestruturas deportivas nun bo estado para a práctica deportiva” e garantiu que o seu departamento seguirá apostando “pola renovación das instalacións para completar e mellorar o mapa de infraestruturas deportivas de Galicia”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre