Inicio Galicia Marta Míguez participa na clausura da Liga Galega de Traiñeiras que cada...

Marta Míguez participa na clausura da Liga Galega de Traiñeiras que cada ano se supera en ?participación, emoción, éxito e público?

0

Enumera algúns feitos que fixeron especial esta edición de 2018 como o aumento do importe do convenio coa Secretaría Xeral, o récord de participación, a estrea da nova directiva da Asociación da Liga Noroeste, as retransmisións das regatas en directo por redes sociais e porque por primeira vez a Liga Galega de Traiñeiras conclúe no Porto de Ares

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na XI Bandeira e a I Bandeira feminina do Concello de Ares que coincidiu coa clausura da Liga Galega de Traiñeiras tras 14 xornadas. No Porto de Ares, a titular do departamento de Deportes salientou que “cada ano a Liga Galega de Traiñeiras supérase en participación, en emoción, en éxito e tamén en público, porque cada vez é maior o número de curiosos e espectadores que se achegan aos portos de Galicia para ver esta incrible manifestación dun dos nosos deportes máis tradicionais”.

Na súa intervención, a secretaria xeral enumerou algúns feitos que fixeron especial esta edición de 2018 que vén de concluír como que “este ano aumentou o importe do convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte nun 12,5% ata chegar aos 90.000 euros”; que foi “a Liga máis numerosa en canto a participantes con 26 clubs inscritos e que amosa o excelente estado de saúde que atravesa o remo en Galicia”; que neste ano estreouse a nova directiva da Asociación da Liga Noroeste; que foi a primeira vez que se fixeron retransmisións das regatas en directo por redes sociais e porque por primeira vez a Liga Galega de Traiñeiras “chega á súa fin neste marabilloso Porto de Ares”.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Marta Míguez felicitou aos gañadores das tres clasificacións -Liga A, Liga B e Liga feminina- e desexou que na edición de 2019 “poidamos volver a falar de novo da edición máis numerosa da Liga Galega de Traiñeiras” polo que animou tamén ás mulleres, que suman o 30% das licencias federativas de remo, a practicar cada vez máis este deporte. 


- Te recomendamos -