Inicio Galicia Marta Míguez destaca a segunda edición da semana da vela galega como...

Marta Míguez destaca a segunda edición da semana da vela galega como un ?gran evento que enche a nosa terra de deporte, actividade, visitantes, curiosos e turismo?

0

Nesta segunda edición da Semana Galega da Vela desputaranse cinco títulos galegos oficiais, as Copas Galicia de Optimist, 420, Vaurien, Láser e Windsurf. Ademais tamén se inclúen no programa o Campionato Ibérico da clase Finn, polo que será unha Semana Internaciona e unha proba de Radio Control, puntuable autonómica


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou esta mañá no peirao de Bouzas a segunda edición da Semana da Vela Galega como un “gran evento que enche a nosa terra de deporte, de actividade, de visitantes, de curiosos e de bos prognósticos para o turismo”. Do 13 ao 15 de xuño daranse cita no Centro Galego de Vela uns 200 participantes.

Nas súas verbas, a responsable do Deporte galego valorou á vela galega como un gran aliado para Galicia á que posiciona internacionalmente “mapa olímpico grazas ás catro medallas de ouro que temos no noso palmarés”. Ademais destacou a formación de base ben definida no Centro Galego de Vela de Vilagarcía, as máis de 2.000 licenzas federativas de Galicia, o convenio de colaboración polo que a Xunta implantou por primeira vez en Galicia as ensinanzas de vela nun centro educativo público, ou o Xogade que conta co programa ‘Xogando co vento’ para achegar aos escolares galegos a un medio tan importante como é o mar.

Leer más:  Rueda abre canales de contacto con autoridades locales para constatar el peso de las pesqueras gallegas en La Patagonia

Nesta segunda edición da Semana Galega da Vela desputaranse cinco títulos galegos oficiais, as Copas Galicia de Optimist, 420, Vaurien, Láser e Windsurf. Ademais tamén se inclúen no programa o Campionato Ibérico da clase Finn, polo que será unha Semana Internaciona e unha proba de Radio Control, puntuable autonómica.


- Te recomendamos -