Inicio Galicia Mañá comeza a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das 63...

Mañá comeza a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das 63 confrarías de Galicia que se prolongará ata o 27 de setembro

0

Un total de 1.843 traballadores e de 1.239 empresarios do mar son candidatos a vogais

Un total de 1.843 traballadores e 1.239 empresarios do sector do mar concorren como candidatos a vogais das xuntas xerais das 63 confrarías de pescadores de Galicia nas eleccións para a renovación dos seus órganos reitores, que se celebrarán o 29 de setembro. Cumprida esta fase de proclamación de candidaturas definitivas, mañá iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 27 de setembro incluído, sendo o 28 de setembro a xornada de reflexión.

Unha vez electos os vogais da xunta xeral, tomarán posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva, que terá lugar na sede da confraría no prazo máximo de cinco días desde a súa proclamación definitiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, iniciarase o procedemento para elixir o patrón/a maior, vicepatróns/as maiores e vogais do cabido.

Elección dos patróns e vicepatrónsOs membros da xunta xeral elixirán por maioría simple en primeira volta ao patrón ou patroa maior entre os candidatos presentados. Para o caso de empate repetiranse as votacións en segunda volta e de manterse o empate resolverase a favor do de maior antigüidade na confraría e no caso de persistir o empate, a favor do de maior idade. A continuación e no mesmo acto, a xunta xeral elixirá de entre os seus membros os vicepatróns maiores primeiro e segundo e os vogais do cabido, respectando a paridade e proporcionalidade que se estableceu para a xunta xeral.

Leer más:  El Gobierno permitirá que Altri reciba fondos europeos para la planta de Palas (Lugo) siempre y cuando cumpla con "toda la normativa"

Todos estes pasos veñen explicados na normativa de convocatoria de eleccións, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo de 2018 e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores e establece o proceso a seguir en cada momento, detallando todos os pasos para elixir o patrón maior e os membros do cabido. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvolveranse en 3 partes. En primeiro lugar realizaranse as eleccións nas 63 confrarías de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas 3 federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

NOTA: Anéxase táboa co número de candidatos a vogais das xuntas xerais de cada unha das confrarías CONFRARÍA


- Te recomendamos -