Inicio Galicia La Macana presenta na Coruña a peza de danza ?Pink Unicorns? en...

La Macana presenta na Coruña a peza de danza ?Pink Unicorns? en coprodución coa Agadic

0

A estrea galega do espectáculo será o sábado 20 no Teatro Rosalía Castro, despois do éxito obtido nas funcións inaugurais ofrecidas en dous escenarios alemáns

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle este sábado 20 a estrea en Galicia de Pink Unicorns a cargo da compañía galega La Macana, unha das tres beneficiarias da última convocatoria de coprodución de danza desenvolvida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través do Centro Coreográfico Galego.

O espectáculo chega a Galicia despois da boa acollida das súas primeiras representacións públicas nos escenarios alemáns do Pumpenhaus de Münster e do Theater Bremen —socios tamén deste proxecto—, e faino acompañado dunha serie de actividades paralelas no marco do Proxecto Programación Expandida do Ciclo TRC Danza, no que tamén colabora a Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de potenciar a difusión das artes do movemento entre a cidadanía.

Así, a estrea virá precedida dunha sesión de inmersión artística para familias, que terá lugar o venres 19 de outubro, e dunha segunda cita o venres 9 de novembro, xa despois do espectáculo. Trátase dunha práctica aberta a todas as persoas interesadas (previa inscrición no enderezo electrónico [email protected]), na que se busca incentivar o diálogo entre pais, nais e fillos e fillas de 12 a 18 anos, a través das sensacións que poden trasladar as distintas creacións contemporáneas, tanto unha peza de teatro como de danza, unha mostra de arte ou mesmo as pintadas que poidan aparecer na rúa. Para as dúas datas desta actividade, o punto de encontro é o escenario do Rosalía entre as 18,00 e 20,00 horas.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia reivindica la labor de sus diputados y senadores como "contrapeso" a los "ataques" del Gobierno a Galicia

Comunicación interxeracionalDe feito, a comunicación interxeracional é o punto de partida da nova proposta de La Macana, xa que responde ao reto de poñer en escena un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubana que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro tan próximo. Pola outra banda, un atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu proxenitor. O espectáculo está realizado xunto con Samir Akika, coreógrafo francés establecido en Alemaña.

La Macana foi fundada no ano 2009 polos creadores e intérpretes Caterina Varela e Alexis Fernández. As colaboracións continuadas con outros artistas e a proxección internacional das súas propostas son dous dos piares fundamentais sobre os que esta formación constrúe os seus espectáculos.

Pink Unicorns, de La Macana; Directo 9, de Pisando Ovos (estreado o pasado 3 de outubro no Teatro Ensalle de Vigo); e Corps Sonore, de SóLODOS (que chegou ao público o 1 de xuño no Parque Botánico Montealegre de Ourense) son os tres proxectos coreográficos que foron seleccionados para integrar o programa de coproducións 2017-2018 da unidade de danza da Agadic. Todos eles sitúanse no ámbito da danza contemporánea e na exploración de novas linguaxes escénicas desde diferentes perspectivas.

Leer más:  Avisos amarillos por fuertes vientos y lluvia en las provincias de Pontevedra, A Coruña y Lugo hasta el sábado

- Te recomendamos -