Inicio Galicia José Manuel Rey Varela e Nava Castro participan na entrega de premios...

José Manuel Rey Varela e Nava Castro participan na entrega de premios ao gañador e á gañadora da 31 Pantín Classic Galicia Pro

0

O conselleiro de Política Social e a directora de Turismo de Galicia tiveron a oportunidade de felicitar aos vencedores Coco Ho e Wesley Dantas

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron hoxe na entrega de trofeos da 31ª edición de Pantín Classic Galicia Pro, a proba do circuíto mundial de surf homologada pola World Surf League (WSL) que se celebrou desde o 24 de agosto na praia de Pantín do concello coruñés de Valdoviño e que rematou hoxe.

Durante o acto, José Manuel Rey Varela e Nava Castro tiveron oportunidade de felicitar a Coco Ho e Wesley Dantas gañadores en categoría feminina e masculina. A edición da Pantín Classic Galicia Pro contou con máis de 350 deportistas de distintos continentes que participaron en dous campionatos, ambos con categoría feminina e masculina.

Por unha banda, celebrouse a competición do circuíto mundial QS da World Surf League (WSL) na que participaron os mellores surfistas do mundo nunha modalidade que será olímpica no vindeiro 2020. Na categoría junior disputouse a última proba do circuíto europeo.

Leer más:  Dos personas son detenidas y se descubre una plantación de marihuana en el piso donde comenzó la pelea del crimen de Vilaxoán

Nas súas máis de tres décadas de vida, esta cita deportiva está a converter a Comunidade galega e a comarca de Ferrolterra de xeito particular nun referente internacional no turismo de surf grazas á presenza de destacados surfistas profesionais de todo o mundo.  


- Te recomendamos -