Inicio Galicia Galicia defende en Europa a obriga da simplificación real da PAC para...

Galicia defende en Europa a obriga da simplificación real da PAC para gañar en eficiencia e beneficiar a agricultores e gandeiros

0

Ángeles Vázquez representou hoxe ao resto de comunidades autónomas no Consello de Ministros da Unión Europea


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe por primeira vez ao Consello de ministros da Unión Europea, acompañando ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e en representación do resto de comunidades autónomas, co encargo claro de defender a PAC e os intereses dos gandeiros e agricultores españois. Un dos obxectivos fundamentais do Goberno de España e co que Galicia está de acordo é o de simplificar a PAC en todos os aspectos para gañar en eficiencia que repercutiría directamente en beneficio dos solicitantes.“Non podemos perder tanto tempo e diñeiro nunha finalidade unicamente burocrática”, sinalou Ángeles Vázquez ante os medios. A conselleira engadiu que nun contexto marcado polo axuste do orzamento é imprescindible aforrar en papelame e tramitación e non nas axudas que chegan aos beneficiarios. Neste sentido, sinalou que loitará por manter a financiación actual da PAC, xa que é vital para o noso rural.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

O encontro de hoxe, precisamente, foi na liña de concretar a fórmula para axilizar e simplificar o proceso, algo que beneficiaría a Galicia, onde existen 15 millóns de parcelas en só 500.000 hectáreas. Estes predios correspóndense con 33.000 beneficiarios da PAC, o que supón un inxente traballo de xestión e control para a administración e representa unha considerable carga burocrática, ademais de dificultar a correcta atención ao propio administrado. Neste sentido, avógase pola dixitalización e as novas tecnoloxías para desenvolver os controis sobre o terreo.

Características específicasOutra ferramenta para simplificar a nova PAC poden ser os plans estratéxicos que rexerá a política en cada estado membro. Así, cada país poderá tomar as súas decisións en base aos seus intereses acordados. No caso concreto de España, Ángeles Vázquez, sinalou que haberá que ter en conta as “características específicas de cada autonomía”.

Será nestes encontros en Bruxelas onde se teñan que concretar e clarificar as normas que despois se levarán a cabo. Por iso, a Xunta entende este como un período crucial no que Galicia loitará por garantir o mantemento do orzamento e que a política agraria responda aos intereses dos gandeiros e agricultores galegos e do conxunto de España despois de 2020. Neste sentido, a conselleira apelou unha vez máis á lealdade “total e absoluta” ao ministerio neste proceso que hoxe se abre.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

- Te recomendamos -