Inicio Galicia Galicia continúa sendo un mes máis a Comunidade Autónoma que paga con...

Galicia continúa sendo un mes máis a Comunidade Autónoma que paga con maior rapidez as súas facturas

0

O período medio de pago en Galicia situouse en 14 días en agosto, fronte aos 38 de media autonómica

Galicia continúa sendo a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de agosto un período medio de pago de 14 días, fronte aos 38 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Neste mes, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Pola contra, a media autonómica quedou en 38 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 24 días antes que o conxunto das comunidades. Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías. Pese a este cambio, Galicia mantense mes a mes como a comunidade que paga con máis axilidade as facturas aos provedores que traballan coa Xunta. En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,08%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial é a cuarta parte que a da media autonómica (0,33%), logo de que Galicia conseguise reducir este indicador ata rebaixalo aos 53,7 millóns de euros. Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. Período Medio de Pago – Agosto 2018 (*CCAA réxime foral)

Leer más:  El PPdeG afirma que las críticas del PSdeG a las políticas de igualdad carecen de "credibilidad" después de la aprobación de la Ley del solo sí es sí

- Te recomendamos -