Inicio Galicia Galicia avanza no seu modelo de turismo de calidade con novas melloras...

Galicia avanza no seu modelo de turismo de calidade con novas melloras da estadía media e rendibilidade hoteleira neste ano

0

A Comunidade recibiu ata setembro 3,3 millóns de viaxeiros que realizaron preto de 6,8 millóns de noites nun contexto de moderación xeral da actividade turística


Despois dun lustro de intensos crecementos, o turismo en Galicia continúa consolidándose como un destino de calidade e competitivo. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira e que revelan que a Comunidade segue a avanzar en variables cualitativamente importantes, pois medra a estadía media e tamén melloran as tarifas e a rendibilidade do sector hoteleiro.

Nun contexto de moderación a nivel nacional, a Comunidade galega rexistrou ata setembro máis de 3,3 millóns de viaxeiros que realizaron preto de 6,8 millóns de noites. Deles, case 500.000 turistas elixiron os hoteis galegos só o pasado mes, cando sumaron preto dun millón de noites.

A evolución cualitativa do turismo en Galicia queda patente en varios dos parámetros nos que a Comunidade está a destacar neste 2018, como a estadía media, que medrou no que levamos de ano máis dun 3,%, acumulando así tres anos de crecemento.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Preto de 200 millóns de ingresoDe xeito paralelo, o sector está a afianzar mes a mes a súa positiva evolución. As tarifas hoteleiras medraron un 2,2% e a rendibilidade mantense estable despois de terse incrementado un 10% no ano 2017. Amais, o ingreso total do sector hoteleiro en Galicia no que levamos de ano estímase en preto de 233 millóns de euros.

Os datos feitos públicos hoxe polo INE dan mostra de que Galicia continúa a avanzar no seu modelo de turismo de calidade, traballando cunha oferta diversificada que, como propón a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, aproveite os mellores recursos en calquera época do ano. Tamén reforzan o traballo desenvolvido no último lustro coa vista posta xa na celebración do vindeiro Xacobeo 2021. 


- Te recomendamos -