Inicio Galicia Galicia asiste á Conferencia Sectorial de Vivenda para coñecer o anteproxecto da...

Galicia asiste á Conferencia Sectorial de Vivenda para coñecer o anteproxecto da lei que reforzará a seguridade xurídica dos PXOM

0


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, participou esta mañá en Madrid na Conferencia Sectorial de Vivenda, Urbanismo e Solo na que o Ministerio de Fomento presentou aos representantes autonómicos o anteproxecto de lei de Medidas Administrativas e Procesais para reforzar a seguridade xurídica no eido da ordenación territorial e urbanística.

As comunidades autónomas disporán agora de tres semanas para estudar o documento e facer as súas posibles achegas a unha lei coa que se pretende introducir máis garantías xurídicas con relación aos planeamentos urbanísticos municipais. Segundo os prazos avanzados polo Ministerio de Fomento tras a reunión, o obxectivo do Goberno é aprobar o anteproxecto en xullo e completar a súa tramitación parlamentaria a comezos de 2019.

Leer más:  El PPdeG comparte un vídeo en respaldo a Alejandro Fernández: "Es la ocasión para avanzar unidos"

- Te recomendamos -