Inicio Galicia Galicia acode á feira World Travel Market de Londres, un dos escaparates...

Galicia acode á feira World Travel Market de Londres, un dos escaparates turísticos máis importantes do mundo

0

Nos nove primeiros meses do ano os viaxeiros británicos realizaron máis de 103.000 pernoitas nos establecementos hoteleiros galegos


Londres, a capital do Reino Unido, acolle esta semana o certame turístico World Travel Market (WTM), no que se amosa a oferta turística de Galicia. Trátase dunha feira exclusivamente profesional considerada unha das citas turísticas de maior repercusión no ámbito mundial e que este ano celebra a súa trixésimo novena edición. A Comunidade galega está presente cun módulo propio da Consellería de Cultura e Turismo, de 48 metros cadrados, dentro do recinto de España. O espazo galego dispón de catro mostradores desde os que se promoverá Galicia como destino turístico, o Camiño de Santiago e o Xacobeo 21; ademais de dispoñer dunha área específica para os profesionais do sector galego na que está representado o Clúster Turismo de Galicia, cunha misión comercial para este certame.

No ámbito da demanda, cada vez son máis os británicos que buscan destinos cunha boa relación calidade-prezo en lugares que lles aporten máis valor que o meramente relacionado co produto de sol e praia. A isto hai que engadirlle unhas boas comunicacións aéreas, que en Galicia tradúcense en varias conexións de voos directos, polo que conta cun escenario moi favorable incrementar a súa cota de mercado en Gran Bretaña.

Leer más:  Una mujer fallece en Agolada (Pontevedra) al ser embestida por un camión

Sexto mercadoNeste sentido, nos nove primeiros meses do ano, os viaxeiros británicos que se aloxaron nos establecementos hoteleiros galegos realizaron un total de 103.829 pernoitas que sitúan ao Reino Unido como o sexto mercado en orde de importancia para Galicia por detrás de Portugal, Alemaña, Italia, EE.

UU. e Francia. No que se refire ao ámbito do Camiño de Santiago, nos dez primeiros meses do ano, recibiron a Compostela 7.421 peregrinos británicos, o que supón un incremento de máis do 32% en relación ao mesmo período de 2017.

Coa presenza de Galicia neste certame, a Consellería de Cultura e Turismo continúa co seu traballo de internacionalización do destino, un dos compromisos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Con este obxectivo, a Comunidade galega está presente cada ano en máis de medio centenar de feiras e workshops internacionais ao longo do mundo.


- Te recomendamos -