Inicio Galicia Feijóo refírese á mostra ?Faílde Mestre Escultor? como a proba de que...

Feijóo refírese á mostra ?Faílde Mestre Escultor? como a proba de que as tradicións non son un atranco para o progreso, senón que aseguran unha evolución que pode evitar os erros do pasado

0

Salienta que o artista ourensán soubo crear obras orixinais, marcadas co seu selo inconfundible, sen romper por iso cunha tradición na cal se sentía inscrito. E asevera que nelas, “reencontrámonos co noso”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á mostra Faílde Mestre Escultor como a proba de que as tradicións non escravizan, nin atan, nin son un atranco para o progreso, senón que, pola contra, aseguran unha evolución que pode evitar ou cando menos limitar os erros do pasado. Ao respecto, recordou que o artista ourensán soubo crear obras orixinais, marcadas co seu selo inconfundible, sen romper por elo cunha tradición na que se sentía inscrito.

Durante a inauguración da exposición, Feijóo aseverou que nestas obras, debuxos e deseños “nos reencontramos co noso”. “Está quizais a prehistoria galega; está a idiosincrasia dos primeiros poboadores, o xenio do Mestre Mateo, as conversas de Antón Faílde con Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, as ensinanzas de Luís Fernández Xesta e Daniel Piñeiro. Está a creatividade máxica do mestre escultor que louvamos. E está tamén a pedra seca que acaba de ser declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade”, abundou.

Leer más:  Acepta dos años de cárcel y el pago de 120.000 euros por dar una brutal paliza a otro joven en Nigrán en 2020

O presidente da Xunta aseverou que non é difícil ver nos éxitos da Galicia que rexorde nas últimas décadas unha consecuencia desa filosofía que respecta o que fomos, que mostra a mesma admiración que aquel rapaz chamado Antón amosaba diante do pórtico da catedral de Ourense, para logo enriquecela con traballo e creatividade.

Nesta liña, sostivo que as ideas que fan grandes os pobos son semellantes aos ríos que nuns tramos discorren pola superficie e noutros están soterrados. “Hai un gran río artístico que nace na Galicia da que xa non temos memoria, que logo inspira a canteiros anónimos e máis tarde achega creatividade ao Mestre Mateo, e que chega ata nós grazas a Antón Faílde. Sucede o mesmo coa idea de liberdade, que se vai enriquecendo con achegas de galegos innumerables ata desembocar no noso tempo”, dixo.


- Te recomendamos -