Inicio Galicia Feijóo refírese á Constitución como un éxito colectivo cuxo triunfo reside en...

Feijóo refírese á Constitución como un éxito colectivo cuxo triunfo reside en gran medida nuns medios de comunicación plurais nos seus contidos e posicións

0

Asevera que a incomunicación e a palabra belicosa son os inimigos que ameazan igualmente a democracia representativa e o periodismo libre

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á Constitución como un éxito colectivo cuxo triunfo reside en gran medida nuns medios de comunicación que tamén son plurais nos seus contidos e posicións, reflectindo nas súas páxinas unha sociedade aberta e tolerante onde nunca desaparecen pontes.

Durante a inauguración da exposición España y Prensa Ibérica, 40 años de historia democrática, Feijóo aseverou que a incomunicación e a palabra belicosa son os inimigos que ameazan igualmente a democracia representativa e o periodismo libre, subliñando que non semella circunstancial que as mesmas forzas que censuran os fundamentos dos sistemas democráticos para substituílos por inconcretas democracias “directas”, intenten socavar a comunicación para suplila con posverdades, insultos e rumores.

O presidente da Xunta incidiu na simbiose que existe entre a liberdade política e a liberdade de prensa, asegurando que non é posible a unha sen a outra. “Por separado son liberdades incompletas e sempre fráxiles. E xuntas proporciónanlle á sociedade unha fortaleza que non teñen outros sistemas de convivencia”, abundou.

Leer más:  Depedro, Carlos Sadness, Carlos Ares y Alcalá Norte completan el cartel del Atlantic Fest

Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou o periodismo de proximidade e con arraigo de Prensa Ibérica, e transmitiu o desexo de que siga adiante moitos anos máis. Non en van, recordou que a democracia precisa de sensores que avisen das inquedanzas que latexan na sociedade, e de aglutinantes das ideas que coexisten na xente. “A prensa ten que avisar, aglutinar e servir de Faro ás Opinións dun pobo. Se non fai isto, estará respondendo a outros intereses pero non estará cumprindo a súa misión”, afirmou.

Feijóo concluíu trasladando os parabéns por unha mostra “que celebra 40 anos dunha historia inconclusa, a través de 60 portadas que son 60 anacos de vida colectiva”, sentenciou.  


- Te recomendamos -