Inicio Galicia Feijóo participou esta tarde na celebración do 50 aniversario do CPR Plurilingüe...

Feijóo participou esta tarde na celebración do 50 aniversario do CPR Plurilingüe Liceo La Paz

0


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou esta tarde na celebración do 50 aniversario do CPR Plurilingüe Liceo La Paz, recoñecendo o traballo desenvolvido polos fundadores do centro, Antonio Pintor e Carlos Pérez, que multiplicaron as perspectivas de futuro de milleiros de coruñeses e galegos ao longo destes cincuenta anos, a través dun proxecto baseado no esforzo e na superación.

Durante a súa intervención destacou tamén a aposta deste centro polo deporte como un dos piares dunha formación completa, reflectida no Hóckey Club Liceo, fundado cinco anos despois do colexio e en cuxos títulos –seis Copas de Europa, sete Ligas e nove Copas do Rei, entre outras- se poden apreciar os valores de esforzo, compañeirismo e perseveranza.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas en un accidente de vehículos en Paderne (A Coruña) en el que se produjo un choque lateral entre dos coches

- Te recomendamos -