Inicio Galicia Feijóo constata co alcalde de Tui os avances nas principais infraestruturas da...

Feijóo constata co alcalde de Tui os avances nas principais infraestruturas da comarca como os novos xulgados ou as melloras viarias e de seguridade en distintas estradas

0

Informa que 21 familias de Paramos están a percibir as subvencións da Xunta para custear o seu aloxamento provisional noutra vivenda e se concederon xa 69 axudas para a reconstrución das casas ou reparación de danos por importe total de máis de 1,7 millóns


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, os avances nas principais infraestruturas da comarca como os novos xulgados ou as melloras viarias e de seguridade en distintas estradas.

Así mesmo, e logo de que a Xunta ampliase un mes máis o prazo para a solicitude de axudas por danos nas vivendas das persoas afectadas pola explosión da pirotécnica de Paramos, ambos os mandatarios avaliaron a situación actual tras o suceso, incidindo na necesidade de concreción por parte do Goberno do decreto de zona catastrófica, nomeadamente no que se refire á execución do desentullo e das exencións no IRPF das axudas á reconstrución das vivendas.

O Goberno galego habilitou de forma inmediata tras a explosión dúas liñas de axuda aos veciños con vivendas afectadas. Unha delas ten por finalidade sufragar os gastos de aloxamento provisional noutro domicilio e foi concedida a 21 familias, con máis de 27.000 euros xa aboados.

Leer más:  Un menor resultó gravemente herido al caer de un tejado mientras recogía una pelota en Dumbría (A Coruña)

A outra das axudas destínase a custear a reconstrución das vivendas ou reparación dos seus danos e foi concedida a 69 familias de Paramos, cun importe total de máis de 1,7 millóns de euros, dos cales xa foron aboados máis de 1,2 millóns de euros. Grazas á ampliación do prazo recentemente aprobada, os afectados poden solicitar estas axuda ata o vindeiro 6 de outubro.

En relación á construción dos novos xulgados, cuxas obras comezaron o pasado tres de agosto, baixo a previsión de estar finalizadas en agosto de 2019, Feijóo congratulouse de que os veciños da comarca poidan contar en breve cunhas dependencias xudiciais melloradas e cun servizo centralizado, cos tres xulgados, as tres salas de vistas e as dependencias auxiliares necesarias situadas nun espazo único de 1.500 metros útiles.

O titular da Xunta lembrou que co emprazamento dos novos xulgados no antigo centro de saúde de Tui, non só se dota dunha nova funcionalidade este inmoble, senón que se garante a continuidade do servizo público no mesmo.

Leer más:  Luis Lago Lage estará a cargo de la Organización del PSdeG, con la concejala de As Pontes Ana Pena como adjunta

No tocante ás infraestruturas viarias, Feijóo confirmou que entre finais de setembro e principios de outubro estará finalizada a redacción do proxecto de construción do novo enlace coa A-55, que incorporará a conexión co polígono de Areas, cuxa licitación está prevista para a primeira metade de 2019.

En relación á seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica, o presidente da Xunta explicou que xa se está a redactar o proxecto que define as actuacións puntuais para mellorar a seguridade en dous tramos da PO-552, entre as que destaca a execución dunha glorieta no p.q. 71+000, que permitirá mellorar a seguridade no cruzamento coa PO-350, baixo a previsión de licitar as obras no primeiro trimestre de 2019.

O proxecto de construción da glorieta de acceso á EDAR de Guillarei foi tamén outro dos temas abordados por ambos os dous mandatarios. Unha obra moi demandada polo Concello e que comezará no primeiro trimestre de 2019, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria da intersección existente no núcleo de Guillarei no p.q. 1+900 da PO-404, pola que se accede á Edar e á praia fluvial.

Leer más:  Puente defiende que un partido necesita "un líder, un buen equipo y proyecto": "Y esas tres cosas las tiene Besteiro"

Cun diámetro de 32 metros, esta obra permitirá a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á Edar, coa construción na marxe dereita dun carril bici de 2,5 metros e dunha senda de 2 metros.

Todas estas melloras pasarán a formar parte das xa levadas a cabo nestes últimos anos como a construción dun novo centro de saúde, posto en funcionamento en 2017 e no que se investiron mais de 4 millóns de euros. Un novo edificio que consta de 31 consultas asistenciais para a actividade ordinaria e de 5 consultas asistenciais no PAC, ademais de fisioterapia, odontoloxía e radioloxía, entre outros servizos. 


- Te recomendamos -