Inicio Galicia Feijóo avanza que o CETISS impulsará a transformación dixital no ámbito socio...

Feijóo avanza que o CETISS impulsará a transformación dixital no ámbito socio sanitario en eidos como o envellecemento activo, a tarxeta social, o fogar dixital ou a alimentación saudable

0

Asevera que este centro, que comezará a súa andaina este verán, concentrará coñecemento e actividades de innovación para afrontar e dar resposta aos retos nestas áreas


O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a creación do Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras no Ámbito Socio Sanitario permitirá impulsar a transformación dixital en eidos como o envellecemento activo, a tarxeta social, o fogar dixital ou a alimentación saudable.

Durante a sinatura do convenio entre Indra e a Administración autonómica para a súa posta en marcha, Feijóo aseverou que este centro, que comezará a súa andaina este verán, concentrará coñecemento e actividades de innovación tecnolóxica para afrontar e dar resposta aos retos nestas áreas, coa formación dunha comunidade estable entre empresa, Universidade, institucións sanitarias e centros I+D+i. Ademais, concibirá produtos e solucións que se poidan exportar e terá un centro demostrador de produtos.

Feijóo lembrou que a Xunta iniciou en 2009 unha firme aposta pola tecnoloxía, establecendo unha folla de ruta ata 2020, que permitirá un investimento de ata 3000 millóns de euros entre capital público e privado na transformación dixital da Comunidade. “Participar na revolución tecnolóxica supón deixar un legado de prosperidade para os que nos han suceder”, afirmou.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

Unha acción que está enmarcada no Gaiás, onde se atopa a sede da Amtega e o Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta; e onde traballan máis de 400 tecnólogos entre profesionais TIC da Administración e traballadores de empresas tecnolóxicas que colaboran en iniciativas da Axenda dixital de Galicia 2020. O presidente destacou que con este convenio para crear o Centro de excelencia en Tecnoloxías Innovadoras no Ámbito Socio Sanitario, no que traballarán entre 35 e 50 persoas, se suma unha nova iniciativa que consolida a Cidade da Cultura como “polo dixital de Galicia”.

Ademais, incidiu en que todas son iniciativas que tratan de mellorar o día a día dos cidadáns e de xerar oportunidades na Comunidade.

Nesta liña, referiuse a modo de exemplo a outras iniciativas da Axenda Dixital 2020: á dixitalización do patrimonio cultural galego; á modernización do sistema de transporte por estrada; ao avance na dixitalización dos servizos sociais como a posta en marcha da Historia social única electrónica, á que xa se adheriron máis de 200 concellos e que xa conta con medio millón de expedientes dixitais; á mellora das infraestruturas de telecomunicacións; ou á aposta pola seguridade e a dispoñibilidade dos servizos, cun plan de seguridade horizonte 2020.

Leer más:  Dos personas fueron liberadas después de que su coche volcara en la AP-9, en O Burgo, Culleredo (A Coruña)

Así mesmo, o presidente da Xunta subliñou que a creación do CETISS é froito do Pacto dixital de Galicia, asinado en 2013 con varias empresas, entre elas Indra, para seguir traballando no ámbito tecnolóxico. Ademais, en virtude deste convenio, Indra colaborará no Plan de talento dixital de Galicia para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas desde idades temperás con iniciativas como as Bolsas Áncora e Tecnólogos por un día.

Por último, Feijóo resaltou que con esta nova iniciativa, Indra renova o seu compromiso con Galicia. Non en van, xa participou noutros proxectos de relevancia para a Comunidade como a transformación dixital da Sanidade coa Historia clínica electrónica ou a Historia social única.


- Te recomendamos -