Inicio Galicia Feijóo avanza a posta en marcha do Plan de renovación do mobiliario...

Feijóo avanza a posta en marcha do Plan de renovación do mobiliario da Administración de xustiza de Galicia, que contará cunha achega de preto de 5 millóns de euros

0

Trátase dunha iniciativa ambiciosa que, entre 2019 e 2021, contará cun orzamento de 4,7 millóns de euros para mellorar e modernizar o mobiliario de despachos, oficinas e arquivos xudiciais


Comprometidos coas infraestruturas xudiciais, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe a aprobación do Plan de renovación do equipamento mobiliario da Administración de Xustiza de Galicia. Unha iniciativa ambiciosa que, entre 2019 e 2021, contará cun orzamento de 4,7 millóns de euros para mellorar e modernizar o mobiliario de despachos e oficinas, así como dos arquivos xudiciais.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo aseverou ademais que, a través deste plan, tamén se atenderán as melloras requiridas pola normativa en materia de protección de datos de carácter persoal, concretamente no que atinxe á custodia e arquivo da documentación xudicial. Non en van, esta iniciativa engloba: o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; audiencias provinciais da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo; xulgados da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; e varios xulgados de distintas vilas galegas.

Leer más:  Juan Carlos I deja Sanxenxo en su segundo viaje de este año, sin salir a navegar ni recibir visitas familiares

Deste xeito, o Goberno galego segue a demostrar o seu compromiso coa xustiza coa posta en marcha do maior plan de equipamento dos xulgados galegos. Por iso, a Xunta investiu máis de 94,5 millóns de euros desde 2009 na construción de novos ou renovados xulgados; continúa co seu proceso de dixitalización; e cumpre o acordo que mellora as condicións de 2.500 traballadores de xustiza.

A continuación, explicou que este compromiso coa xustiza se reflicte tamén no orzamento que a Xunta dedica ás infraestruturas xudiciais para o vindeiro ano, o máis alto ata o momento, cun total de 158,7 millóns de euros.

Plan de infraestruturas xudiciaisO presidente da Xunta concluíu precisando que esta iniciativa, encamiñada á renovación do equipamento mobiliario, forma parte do Plan de infraestruturas xudiciais. Ao seu abeiro executáronse investimentos tan importantes como: os novos edificios xudiciais de Santiago e Ourense; o Servizo Común de Notificacións e Embargos de Vigo; e a rehabilitación integral de edificios históricos como a Fábrica de Tabacos da Coruña.

Ademais doutras obras de acondicionamento ou mellora das instalacións: obras de climatización en Vigo, Vilagarcía de Arousa e Cambados, así como importantes investimentos de mellora nos xulgados da Coruña e Ferrol.

Leer más:  En libertad y con comparecencias quincenales el hombre detenido en Ferrol (A Coruña) por atropellar a un peatón

E, na actualidade, ademais de continuar coa realización de obras de mantemento e mellora de diversos edificios, estanse executando tres grandes novas infraestruturas xudiciais: o novo edificio xudicial de Pontevedra, cuxo remate está previsto para o primeiro semestre de 2019; a rehabilitación integral do antigo Hospital Xeral de Vigo como nova sede da Cidade da Xustiza, o investimento máis ambicioso que se fixo por parte da comunidade desde que se transferiron as competencias de xustiza; e a rehabilitación do antigo centro de saúde de Tui como nova sede xudicial.


- Te recomendamos -