Inicio Galicia Feijóo agradece a Peña Nieto a súa confianza en Galicia durante todo...

Feijóo agradece a Peña Nieto a súa confianza en Galicia durante todo o seu mandato

0

Transmítelle o agradecemento do Goberno galego por apostar, nos momentos de dificultade, pola Comunidade, polas súas empresas e a súa profesionalidade e experiencia, e pola súa capacidade de traballo e compromiso

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu hoxe na súa reunión institucional co presidente dos Estados Unidos Mexicanos, Enrique Peña Nieto, a súa confianza en Galicia durante todo o seu mandato, reflectida especialmente na alianza estratéxica da Comunidade con Pemex.

Ao longo do encontro, que tivo lugar na residencia oficial Los Pinos, Feijóo transmitiulle o agradecemento do Goberno galego por apostar, nos momentos de dificultade, pola Comunidade, polas súas empresas e a súa profesionalidade e experiencia, e pola súa capacidade de traballo e compromiso.

Feijóo e Peña Nieto fixeron balance das relacións entre México e Galicia durante os seis anos nos cales este último ocupou a presidencia do país azteca. Cómpre recordar que os dous mandatarios se reuniran na Cidade de México en abril de 2013.

Nesta liña, o responsable autonómico lembrou que o presidente mexicano non só mostrou o seu firme compromiso cos acordos alcanzados no naval senón que a cooperación entre ambos os territorios se estendese a outros sectores económicos como a automoción, o lácteo, o téxtil, o eólico ou as novas tecnoloxías. Non en van, neste período favoreceuse que Galicia puidese incrementar as súas exportacións ao país americano que, nos dous últimos anos, aumentaron máis dun 70%.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

Feijóo quixo poñer en valor tamén a importancia do novo Tratado de Libre Comercio entre a UE e México que, cando entre en vigor, abrirá novas oportunidades para sectores estratéxicos de Galicia como o agroalimentario, o naval e a automoción.“En definitiva, é unha honra poder despedirme do presidente nesta reunión bilateral cuxo mandato remata a finais deste ano ante as próximas eleccións presidenciais que terán lugar no vindeiro mes de xullo”, abundou.

Con esta xuntanza, o responsable do Goberno galego pon fin a súa visita á Cidade de México, desde onde partirá cara ao Estado de Oaxaca onde manterá novos encontros no eido institucional así como no universitario.

Non en van, o país azteca é hoxe un destino consolidado no mapa das exportacións galegas, que se incrementaron nos dous últimos anos máis dun 70%aínda máis cando fai tan so unhas semanas que a UE e México selaron un principio de acordo para renovar o Tratado de Libre Comercio. Un alianza clave para Galicia e que supón incrementar as exportacións en eidos como o lácteo e os seus produtos derivados. 

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

- Te recomendamos -