Inicio Galicia Feijóo afirma que Galicia seguirá sendo unha terra que ofrece estabilidade, certezas...

Feijóo afirma que Galicia seguirá sendo unha terra que ofrece estabilidade, certezas e garantías e na que os emprendedores poidan investir e crecer

0

Salienta que os orzamentos para 2019 destinarán un 17% máis de fondos -ata 50 millóns de euros- para financiamento empresarial e 40 millóns para proseguir coa dixitalización e implantación da Industria 4.0

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta seguirá comprometida cunha terra que ofrece estabilidade- política e económica-, e na que hai confianza, compromiso e, sobre todo, certezas e garantías para que os emprendedores poidan investir e crecer.

Durante unha visita ás instalacións da empresa Bandalux en Moraña, Feijóo aseverou que a Administración autonómica seguirá dando respostas ás necesidades dos emprendedores, facilitando os investimentos no tecido industrial da Comunidade: cuns orzamentos para 2019 que destinarán un 17% máis de fondos -ata 50 millóns de euros- para o financiamento de iniciativas empresariais; cunha achega de 40 millóns de euros destinados a proseguir coa dixitalización e implantación da Industria 4.0; ou tramitando na metade de tempo as iniciativas empresariais prioritarias a través da Lei de implantación empresarial. “O noso obxectivo é facilitar e axudar ás empresas galegas a innovar para ser máis competitivas no mercado internacional”, abundou.

Leer más:  El aeropuerto de Vigo, Peinador, suspenderá su actividad a partir del próximo lunes debido a la remodelación de la pista

Nesta liña, o responsable do Executivo autonómico quixo agradecer a Bandalux e a Celtic Group a súa aposta por Galicia, así como a decisión de seguir reforzando este compromiso, coa construción dunhas novas instalacións no polígono da Sionlla, en Santiago, onde se establecerán as áreas estratéxicas da compañía de xestión e innovación, baixo un investimento de 3 millóns de euros e coa previsión de crear máis de 100 empregos.

Con sede en Galicia, este grupo empresarial conta con catro plantas de produción repartidas entre: Moraña, Barcelona, Italia e Miami; e con distribuidores en países como Francia, Portugal, Italia, Alemaña, Suíza, Bélxica e Holanda. Unha presenza internacional que se está a ver incrementada desde a súa integración no canal contract, cunha liña específica de produción.“Estamos a falar dunha empresa que produce e exporta innovación e deseño, con denominación de orixe galega”, dixo, subliñando que todos os seus produtos levan no seu empaquetado un adhesivo co selo Galicia Calidade. 


- Te recomendamos -