Inicio Galicia Feijóo afirma que a exposición 40 años de España en democracia demostra...

Feijóo afirma que a exposición 40 años de España en democracia demostra que o camiño iniciado en 1978 conduciu a un país aberto, moderno e partícipe das grandes correntes da historia

0

Advirte de que “as xeracións que nos desenvolvemos nun país con liberdades consolidadas non temos ningún dereito a mirar polo retrovisor e formularnos dar a volta, desandar o camiño, sen por certo, aclarar realmente cal sería a ruta alternativa”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a exposición 40 años de España en democracia demostra que o camiño aberto en 1978 conduciu a un país aberto, moderno e partícipe das grandes correntes da historia.

O titular do Goberno galego tamén salientou que o espertar democrático de España levouna á apertura e ao desexo de participar no concerto dos pobos e nacións do mundo, a crear puntos de conexión fraterna, como o Estado do Benestar; ou a unha concepción aberta do Estado, “como demostra que as comunidades gozan hoxe da maior capacidade para autogobernarnos da nosa historia”.

Feijóo afirmou que resultaría incompleto concretar un logro tan relevante como o da nosa democracia só nunha data ou só nunhas persoas determinadas e destacou que “o maior protagonismo é dos españois”. Nesta liña subliña que “os pais da Carta Magna foron voceiros dun sentimento unánime e realmente poderoso, capaz de impoñerse a calquera lexítima diferenza”.

Leer más:  Felipe VI recibirá a Rueda en Zarzuela el martes

Ademais, o titular do Goberno galego lembrou que os españois daquel tempo non chegaron á Transición “sen mochila”. “Que ese peso non lles impediu avanzar o demostra esta exposición”, subliñou. Unha mostra que, dixo, achega o Congreso dos Deputados de forma xenerosa a todos os españois e subliñou que “Galicia recíbea orgullosa e proponse admirala coa mirada daquela época convulsa”.

Tamén resaltou que xulgar estes 40 anos con ollos de hoxe fai que a obra da Transición pareza sinxela e provoca que “ata haxa quen se permita o luxo de cuestionala parcial ou totalmente”. Nesta liña, advirte de que “as xeracións que nos desenvolvemos nun país con liberdades consolidadas non temos ningún dereito a mirar polo retrovisor e formularnos dar a volta, desandar o camiño, sen por certo, aclarar realmente cal sería a ruta alternativa”.

Para concluír, subliñou que, na súa opinión, España carece neste momento dunha elección clara entre a dicotomía que sigue presente no mundo entre as ideas democráticas e autoritarias, entre os proteccionismo cerril e a apertura e entre as identidades que unen e as que rompen e separan.

Leer más:  UPA lleva fresas "sanas, seguras y sostenibles" a la Praza do Obradoiro para reivindicar el producto

Tamén destacou que está na nosa man escoller a fotografía que representaría a actualidade e reivindica que “o frustrante panorama político dos nosos días non é representativo da maioría dos españois” e conclúe que “se España fose como parece ao oír a moitos políticos creo que estaría perdida, pero eu creo no meu país”.

Finalizou dicindo que temos que “seguir o exemplo cotián da nosa xente que sigue coa democracia, que sigue coa apertura e que sigue sentíndose cómoda nas identidades que nos aproximan aos outros”. 


- Te recomendamos -