Inicio Galicia Facenda trasládalle a empresarios e sindicatos que Galicia prevé crear uns 15.000...

Facenda trasládalle a empresarios e sindicatos que Galicia prevé crear uns 15.000 novos empregos a tempo completo en 2019

0

O conselleiro de Facenda transmitiulles a aposta do Goberno galego polo fortalecemento da creación de emprego e dos investimentos


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, informou hoxe á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e ás principais organizacións sindicais de que o obxectivo da Xunta para 2019 é fortalecer a creación de emprego e acadar uns 15.000 novos empregos a tempo completo, unha previsión avalada esta semana pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIREF).

Valeriano Martínez reuniuse hoxe con representantes da patronal galega e cos responsables dos sindicatos UGT, CC.

OO. e CIG para presentarlles as liñas básicas do proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2019, que o Goberno galego prevé aprobar a vindeira semana unha vez que o Parlamento valide o límite de gasto non financeiro.

Durante as reunións mantidas esta mañá, o conselleiro explicou que o Executivo galego vai elevar de xeito considerable os recursos destinados á formación e ao emprego e tamén ao capítulo de investimentos, para que “Galicia siga sendo en 2019 unha das comunidades que máis recursos dedica a investimentos”. De feito, no último ano Galicia foi a terceira comunidade autónoma que realizou maior esforzo investidor, cinco puntos máis que a media autonómica, segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda.

Leer más:  El TSXG confirma la sentencia de 13 años de prisión a un individuo por tratar de asesinar a su compañera en Vilagarcía

Máis diálogo social e novos acordosAdemais, o responsable de Facenda trasladoulle aos representante dos empresarios que no ano 2019 a Xunta de Galicia non só manterá as rebaixas de impostos aprobadas nos últimos anos, incluída a baixada fiscal do ano 2016 que supuxo a práctica supresión do imposto de sucesións para ás herdanzas por vía directa, senón que tamén se aprobarán novas rebaixas impositivas, especialmente para facilitar a adquisición de vivenda usada.

Ao mesmo tempo, avanzoulles a intención da Xunta de iniciar con empresarios e sindicatos unha nova etapa do diálogo social, para seguir mellorando a cantidade de emprego e tamén a calidade, coa inclusión por exemplo de cláusulas sociais nos contratos públicos, e para seguir apostando por medidas que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar.

Finalmente, Valeriano Martínez tamén lles explicou ás organizacións sindicais que o obxectivo da Xunta é chegar a novos acordos no eido do sector público, entre os que destacou o acordo cos axentes forestais e medioambientais que se asinará hoxe mesmo, ou a proposta de acordo xa presentada aos sindicatos para implantar a carreira profesional –un sistema xa aprobado no SERGAS– ao funcionariado da Administración Xeral da Xunta.

Leer más:  La BNG exige a la Xunta y al Gobierno un acuerdo para el pago de ayudas a los mariscadores de la ría de O Burgo

- Te recomendamos -