Inicio Galicia Fabiola García destaca que o XX Congreso Estatal do Voluntariado cumpriu o...

Fabiola García destaca que o XX Congreso Estatal do Voluntariado cumpriu o obxectivo de ?difundir, fomentar e prestixiar? o labor solidario

0

Salienta que o evento puxo de novo de manifesto o “selo solidario dunha Galicia aberta, hospitalaria e sempre disposta a botar unha man”


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta tarde, durante a clausura do XX Congreso Estatal do Voluntariado, que se celebrou onte e hoxe en Expourense, o éxito deste evento que permitiu “difundir, fomentar e prestixiar o labor solidario e desinteresado de persoas e entidades”. Tamén apuntou que este congreso fixo da comunidade “a capital do voluntariado en España” e puxo de novo de manifesto o “selo solidario dunha Galicia aberta, hospitalaria e sempre disposta a botar unha man”.

Na súa intervención, Fabiola García subliñou o feito de que en Galicia a participación do voluntariado sexa cada vez maior, con máis de 7700 persoas activas neste ámbito na actualidade, o que supón un incremento do 35% no último ano. Nesta liña, garantiu o apoio da Xunta a todas aquelas accións que signifiquen máis benestar como é o caso dos programas de voluntariado social, ambiental ou cultural que están en marcha nestes momentos.

Leer más:  La Federación Amigos del Camino de Santiago confía en el proyecto de Altri y solicita no "un impacto neutro, sino positivo"

A conselleira fixo fincapé en que Galicia é a única Comunidade Autónoma e a única rexión europea que acredita a acción voluntaria, un recoñecemento homologado pola Unión Europea útil para completar o currículo. Así mesmo, avogou pola colaboración entre administracións, entidades e voluntariado para seguir a avanzar na construción dunha sociedade mellor.

Fabiola agradeceu aos voluntarios, entidades e institucións de toda España a súa participaron neste congreso, así como ao comité científico, técnico e de expertos do mesmo, que estivo formado pola Plataforma do Voluntariado en España, as tres universidades galegas e entidades sociais.


- Te recomendamos -