Inicio Galicia Fabiola García destaca o aumento das liñas de colaboración da Xunta coa...

Fabiola García destaca o aumento das liñas de colaboración da Xunta coa Federación Aspace Galicia

0

Increméntase o importe en 1,3 millóns de euros con respecto ao 2009, ata superar na actualidade os 3,4 millóns de euros


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o aumento das liñas de colaboración entre a Xunta e a Federación Aspace Galicia. Fíxoo durante o encontro que tivo lugar hoxe con representantes desta entidade que traballa na atención das persoas con parálise cerebral.

Neste sentido, Fabiola García subliñou o incremento de 1,3 millóns de euros nesta liña de colaboración que supera a día de hoxe os 3,4 millóns de euros, fronte os 2,1 que recibía Aspace hai nove anos. Un aumento que se traduce en 29 prazas máis nos seus centros residenciais, ata acadar as 203. Ademais, reflíctese na suba do importe do convenio que alcanza os 90.000 euros.

A conselleira de Política Social asegurou que o Goberno galego continuará o seu traballo pola accesibilidade universal para achegar solucións que contribúan a mellorar a calidade de vida destas persoas con parálise cerebral e as súas familias. Con este fin, apuntou que a Xunta destinará máis recursos que nunca ao ámbito da discapacidade ata acadar os 106 millóns de euros nos Orzamentos de 2019, un 63% máis que o que se destinaba a este fin en 2009.

Leer más:  (AV) Besteiro llama a la militancia a "reactivar" el PSdeG y anuncia una conferencia política en otoño

- Te recomendamos -