Inicio Galicia Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Cenlle, parroquia de Laias

Extinguido un incendio forestal no concello ourensán de Cenlle, parroquia de Laias

0

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou unhas 25 hectáreas de superficie

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 00,20 h. o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cenlle, parroquia de Laias.

O lume comezou con varios focos ás 13,30 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de arredor de 25 hectáreas. Na extinción levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 18 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Publicado el listado definitivo de los 606 admitidos para el concurso-oposición de médico de familia del Sergas

- Te recomendamos -