Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de...

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso

0

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 45,6 hectáreas, das cales 44 son de monte raso e as 1,6 restantes de arborado

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 20,27 h. desta tarde deuse por extinguido o lume rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, que se iniciaba onte ás 20,31 h.

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 45,6 hectáreas, das cales 44 son de monte raso e as 1,6 restantes de arborado. Nos labores de extinción deste incendio participaron 4 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Pontón destaca la importancia de la "movilización" local para mantener el "escaño gallego" en Bruselas

- Te recomendamos -