Inicio Galicia Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia...

Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Penouta

0

Segundo as últimas estimacións, afectou 35,02 hectáreas de monte raso

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 19,20 h. quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Penouta.

O incendio comezou ás 12,20 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 35,02 hectáreas de monte raso. No operativo de extinción traballaron 4 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  El gasto de los entes instrumentales de la Xunta aumenta un 6% en 2022, llegando a 2.131 millones

- Te recomendamos -