Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que a nova senda que une Cambados e Ribadumia...

Ethel Vázquez salienta que a nova senda que une Cambados e Ribadumia co parque empresarial do Salnés

0

Sinala que este itinerario de 1 KM favorece o percorrido a pé pola marxe dereita da estrada PO-300, que comunica o polígono industrial coas beirarrúas xa existentes en Vilariño e ata o centro da vila cambadesa

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a incidencia positiva na mobilidade dos veciños de Cambados e Ribadumia da nova senda mixta na estrada PO-300, de uso peonil e ciclista, que une estes núcleos de poboación cos principais equipamentos da contorna, como é o parque empresarial do Salnés.

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou hoxe en Ribadumia o resultado final dos traballos executados nesta senda mixta, que supuxo un investimento do departamento que dirixe duns 300.000€. Intervención que, segundo subliñou, favorece os desprazamentos habituais dun xeito máis cómodo e seguro, ao tempo que se promove unha mobilidade máis sustentable e respectuosa co medio.

Sinalou que con esta senda se logra un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial ata o centro de Cambados, pasando pola parroquia de Vilariño. Isto, engadiu, permite por a disposición dos veciños de Ribadumia e de Cambados unha senda útil e segura, pensada para os usuarios vulnerables das estradas, e unir estes núcleos de poboación cos principais equipamentos, o parque empresarial do Salnés, centro de actividade e emprego.

Leer más:  La Xunta espera que la visita de Puente a Galicia incluya una "hoja de ruta" específica para la conexión de alta velocidad entre Vigo y Oporto

Trátase dunha senda de 1 km, construída pola marxe dereita da estrada, que comunica o polígono industrial do Salnés coas beirarrúas xa existentes na parroquia de Vilariño, e na que se aproveitou a actuación para instalar sistemas de recollida de augas e as canalizacións que permitan, nun futuro, a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Indicou que no marco do Plan de Sendas da comarca do Salnés o departamento de Infraestruturas da Xunta vai a seguir realizando investimentos nesta zona, continuando coa aposta por reforzar a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica para lograr que sexan cada vez máis cómodas e seguras, tamén para os peóns. En concreto, referiuse a execución dun novo itinerario en Vilanova de Arousa, en 2 estradas autonómicas na contorna da ponte da Illa e en Tarrío, que cun investimento de preto de 2 M€ se prevén iniciar na próxima primavera. Estas obras foron licitadas en novembro e, onte mesmo publicouse a convocatoria aos propietarios dos terreos para o vindeiro mes de febreiro, para o levantamento de actas previas á ocupación necesaria para executar esta nova senda.  Apuntou a que, en paralelo, o departamento que dirixe está a avanzar noutra actuación de calado para o reforzo da seguridade viaria, tamén na estrada que une Vilagarcía e Cambados, para eliminar o tramo de concentración de accidentes existente. E explicou que a mesma intervirá na mellora das interseccións, con semiglorietas e glorieta que faciliten os cambios de sentido, reforzando a seguridade nos pasos de peóns e paradas de autobús, e coa construción dun novo treito de senda, atendendo á demanda que se trasladou desde o Concello de Vilanova.

Leer más:  Portugal da "máxima prioridad" al AVE entre Vigo y Oporto, lo cual es celebrado por el caballero: "Es lo que defendíamos en esta ciudad"

Lembrou que fai unha semana iniciouse o proceso expropiatorio e hoxe mesmo se licitan as obras, coa publicación do anuncio na Plataforma de contratos da Xunta, tendo as empresas de prazo ata 14 de xaneiro para presentar as súa ofertas. O obxectivo, engadiu, é iniciar os traballos de eliminación de tramo de concentración de accidentes xa no vindeiro verán, levándoos a cabo de xeito acompasado aos da senda da mesma estrada. A eliminación deste TCA suporá un investimento da Xunta de 575.000 €.

Actuacións e investimento concretos da Xunta por importe de arredor de 2,7 M€ e que, tal e como indicou Ethel Vázquez, se destinan a reforzar a seguridade viaria e mellorar a calidade de vida dos veciños de Ribadumia, Cambados e Vilanova. 


- Te recomendamos -