Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o incremento nun 67% dos km de vías de...

Ethel Vázquez salienta o incremento nun 67% dos km de vías de altas prestacións sen peaxes dende 2009

0

Vázquez Mourelle explica que o actual Goberno galego, a pesar da merma do orzamento, construíu 208 novos km de vías de altas prestacións libres de peaxe, pasando de 313 a 521 km

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta incrementou nun 67 % os km de vías de altas prestacións libres de peaxe dende 2009 a pesar da crise económica e da “hipoteca” de 1.000 millóns de euros en concesións que deixou o Goberno bipartito.

Vázquez Mourelle explicou que o actual Goberno galego, nun contexto de crise económica, logrou facer máis con menos, construíndo 208 novos km de vías de altas prestacións, pasando de 313 a 521 km. Así, 8 de cada 10 galegos viven hoxe a menos de 15 minutos dunha destas vías máis seguras que garanten comunicacións máis áxiles e confortables.

Sinalou que o Executivo autonómico vén actuando con responsabilidade, ao avanzar nas infraestruturas por fases e vía orzamentaria, a medida que as poida pagar. Segue a premisa do plan Move, readaptando os proxectos para lograr que a súa execución sexa viable.

Leer más:  Aceptar pagar multa por agredir sexualmente a una mujer en su domicilio, al que acudió a reparar la instalación de gas

A responsable de Infraestruturas concretou que a Xunta formulou unha estratexia para desenvolver a autovía do Morrazo sen peaxes de futuro. Así, os seus dous primeiros treitos están xa en servizo e verase completada no 1º semestre de 2019, reservando 5,3 millóns de euros nos Orzamentos do próximo exercicio para poder finalizala.

Lembrou que o Goberno galego tamén puxo en 2016 un total de 27 km de autovía libres de peaxe a disposición dos veciños da Costa da Morte. Non obstante, séguese traballando para prolongala, entre Baio e a estrada de Camariñas, cun millón de euros presupostado para o vindeiro ano co obxectivo de avanzar no proxecto construtivo.

Subliñou o impulso a grandes eixes de comunicación coa entrada en funcionamento dos primeiros treitos da VAP Costa Norte, abríndose ao tráfico en 2013 a variante de Ortigueira e en 2017 o tramo Celeiro- San Cibrao. Nos presupostos de 2019, unha partida de 3 millóns de euros garantirá o avance no proxecto do tramo San Sadurniño- Sanguiñeda e no estudo da variante de Viveiro, coa nova ponte sobre a ría.

Leer más:  La ley que promoverá que los beneficios de los proyectos de recursos naturales impacten en el territorio ha sido reactivada

Indicou que se está a impulsar a conversión en autovía da VAP Brión-Noia, con compromisos de investimento para os vindeiros anos nos próximos orzamentos por importe de 18 millóns de euros.

Engadiu que estas contas autonómicas tamén reservan unha partida de 2 millóns de euros para a continuación da autovía Santiago- A Estrada, téndose iniciado xa as expropiacións.

Na provincia de Ourense, avanzan os traballos do acceso ao polígono de San Cibrao desde a A-52, iniciados en xuño e aos que se destinan case 8 millóns de euros nos citados orzamentos co obxectivo de poñelo a disposición de veciños e empresas en 2020.

Na área da Coruña, a conselleira indicou que o funcionamento da Terceira Rolda permitiu un novo acceso por autovía á cidade, unha alternativa libre de peaxe que complementa o acceso a través da AP-9 e de Alfonso Molina.

Nesta mesma contorna, tamén se construíu a Vía Ártabra, entre a N-VI e o enlace de Meirás, infraestrutura cuxa prolongación dará un novo paso nas vindeiras semanas coa licitación do tramo desde a N-VI ata a estrada San Pedro de Nós- Mabegondo. Isto permitirá avanzar mentres se agarda a que Fomento autorice a conexión coa AP-9.

Leer más:  Rueda se compromete a "escuchar" a los docentes y a las AMPAs sobre las renuncias a utilizar el libro digital en las aulas

Ethel Vázquez engadiu a estes grandes eixes vertebradores do territorio outras actuacións máis pequenas, pero non por iso menos importantes como a variante de Aradas, a de Alba, a circunvalación das Pontes ou a mellora do eixe Begonte- Friol- Palas.

Seguridade viaria, unha prioridadeA seguridade viaria é unha materia prioritaria para a Xunta, polo que en 2019 destinará a este fin case un 29% máis que permitirá proseguir co desenvolvemento do Plan de reforzos de firmes, co que desde 2016 ata hoxe se actuou en 190 estradas, ou co Plan de sendas de Galicia, co que xa están en servizo ou en execución 104 novos km de itinerarios.

No marco destas medidas para incrementar a seguridade nas estradas, o Executivo autonómico ten en marcha a estratexia para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas nesta lexislatura.


- Te recomendamos -