Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta a posta á disposición dos veciños de Vigo e...

Ethel Vázquez salienta a posta á disposición dos veciños de Vigo e Nigrán de tres novas sendas peonís e ciclistas, cun investimento de 660.000 euros, que reforzan a súa seguridade e favorecen os seus desprazamentos

0

A Xunta construíu tres itinerarios na estrada PO-552, entre Coruxo e As Roteas e na Estea, no termo municipal de Vigo; e en Priegue, en Nigrán

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe que a posta á disposición dos veciños de Vigo e Nigrán de tres novas sendas peonís e ciclistas, cun investimento de 660.000 euros, reforzará a súa seguridade e favorecerá os seus desprazamentos.

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisou hoxe unha destas tres sendas executadas na estrada PO-552, a que vai de Coruxo ás Roteas, ás que se suma outra na Estea, tamén no termo municipal de Vigo e a de Priegue, xa en Nigrán.

Sinalou que a construción destes tres itinerarios permitiron pechar un itinerario continuo entre Vigo e Nigrán, conectando coas beirarrúas xa existentes en Coruxo e en Priegue.

Con estas actuacións, os veciños contan cun novo eixe de mobilidade sustentable ao longo da PO-552, que redunda directamente en mellora da seguridade viaria de peóns e ciclistas, os usuarios máis vulnerables das estradas.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia reivindica la labor de sus diputados y senadores como "contrapeso" a los "ataques" del Gobierno a Galicia

Ademais aproveitáronse os traballos para mellorar paradas de buses, adaptar as interseccións para facilitar os xiros á esquerda, principalmente en Coruxo, ou mellorar a drenaxe en Priegue.

Estes tres novos itinerarios forman parte do Plan de Sendas de Galicia que, no caso concreto da comarca de Vigo, está moi avanzado, pois un total de 8 sendas están acabadas e a disposición dos veciños; dúas contratadas; e outra en proxecto.

A conselleira indicou que se seguirá traballando sen pausa para facer realidade os 11 itinerarios previstos nesta zona caracterizada por unha alta densidade de poboación. Precisou que o Goberno galego está a destinar arredor de 6 M€ para a execución de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe en Vigo e na contorna.

Concretou que estas actuacións se complementarán cos traballos que se están a acometer para a eliminación dos treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas. Así, na PO-552, hai tres proxectos en marcha para suprimir os puntos negros existentes ao seu paso polos concellos de Vigo e de Nigrán, cun investimento próximo aos 2 M€.  

Leer más:  Avisos amarillos por fuertes vientos y lluvia en las provincias de Pontevedra, A Coruña y Lugo hasta el sábado

- Te recomendamos -