Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca o investimento este ano de 55 millóns de euros...

Ethel Vázquez destaca o investimento este ano de 55 millóns de euros en actuacións de conservación das estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria

0

Vázquez Mourelle salienta o desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, que no 2018 incrementou de modo importante a dotación orzamentaria con 20 M€, 5 máis que no exercicio anterior


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia o investimento este ano duns 55 millóns de euros en actuacións de conservación nas estradas autonómicas co fin de reforzar a seguridade viaria.

Vázquez Mourelle subliñou que o Goberno galego está a realizar un esforzo investidor en materia de conservación para levar a cabo obras de melloras de firme e actuacións singulares e específicas nas estradas da Xunta.

Nestas actuacións ordinarias enmárcase o Plan de reforzos de firme impulsado no ano 2016 para mellorar o firme de máis de 1.000 km da rede de estradas da Xunta. No 2018 incrementouse de modo importante a dotación orzamentaria para este plan, con 20 M€, 5 máis que no exercicio anterior.

A estes investimentos específicos en rehabilitacións de firme únense outras actuacións de mellora de maior calado, ampliando o ancho e corrixindo trazados como as obras rematadas de acondicionamento da estrada Ordes-Mercurín; ou a mellora da estrada entre O Barqueiro e o porto de Bares.

Leer más:  El PSdeG apoya "progresar" y "romper" con la tauromaquia, al considerarla "violencia contra los animales"

A titular de Infraestruturas indicou que para a Xunta a seguridade viaria é unha materia estratéxica e prioritaria, xa que non hai nada máis importante que a vida e a integridade das persoas.

Lembrou que o seu departamento está preocupado pola evolución da sinistralidade nas estradas no que vai de 2018, logo dun ano, o 2017, no que se rexistrou unha tendencia positiva, coa cifra máis baixa da historia en falecidos en accidentes de tráfico. Neste sentido, indicou que xa solicitou á Delegación do Goberno a convocatoria da comisión autonómica de tráfico e seguridade da circulación viaria para atallar esta situación.

Programa específico para pontesEthel Vázquez sinalou que o Goberno galego dispón dun Programa específico de seguridade das pontes e outras obras de paso nas estradas da Xunta, a través do que se realizan inspeccións periódicas nas estruturas da rede autonómica como viadutos, pasos superiores e inferiores para anticiparse a posibles problemas futuros.

Salientou o investimento duns 19 millóns de euros en intervencións nas pontes desde o 2009 para garantir a seguridade dos usuarios. Engadiu que Galicia foi pioneira na implantación dun programa específico de inventariado e xestión da conservación das pontes nas estradas autonómicas, que permite ter un coñecemento máis completo da rede viaria; contar cunha avaliación do seu estado e deseñar as actuacións de conservación necesarias.

Leer más:  La Xunta afirma que su nueva estructura "muestra" su "compromiso incondicional y cada vez más sólido" con la igualdad

A conselleira indicou que os resultados deste sistema permiten transmitir unha mensaxe de tranquilidade ao respecto do bo estado de conservación das estruturas existentes nas estradas autonómicas, pois non chega ao 1% as pontes que precisaron da realización dunha inspección especial, máis profunda, aconsellada tras os controis periódicos.

Fixo fincapé en que todas as administracións teñen a obriga de inspeccionar e manter as rede viaria competente nas mellores condicións. 


- Te recomendamos -