Inicio Galicia Estabilizado un incendio forestal no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Estabilizado un incendio forestal no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

0

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, que quedou estabilizado ás 18,29 h. desta tarde tras comezar ás 15,41 h.

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que supera as 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Leer más:  Se ordena cárcel para seis de los arrestados en la operación contra el tráfico de drogas en Pontevedra y Madrid

- Te recomendamos -