Inicio Galicia Educación galardoa vinte alumnos cos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2017/18

Educación galardoa vinte alumnos cos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2017/18

0

Trátase dun recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado do sistema educativo galego


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181004/AnuncioG0164-270918-0001_gl.html) dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18, cos que recoñece a excelencia educativa de 20 alumnos e alumnas. Cada galardón está dotado cunha contía de 1000€ e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, a concesión dun diploma acreditativo e a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato.

A concesión dos ditos premios supón un recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego. Non en balde, para concorrer a estes galardóns era necesario ter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. No caso dos galardoados deste ano, un 20% dos premiados e premiadas obtiveron unha nota media do bacharelato entre 8,75 e 9,75 e un 80% entre 9,75 e 10.

Ademais, os aspirantes aos premios realizaron unha proba estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvolvéronse temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado.

Por provincias, 10 alumnos pertencen á Coruña: Ángela Carballal Barca e Pablo Pereira Angueira, do CPR Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, Irene Fraga Cuña do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago; Paula Gavilán Suárez do IES Manuel Murguía de Arteixo, Alejandro González Santos do IES Nº 1 de Ribeira; Claudia Lamas Fernández do IES Terra de Trasancos de Narón; Hugo Paz Prieto do IES Saturnino Montojo de Ferrol; Alejandro Recouso Ferreiro do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña; Enrique Salvado Vigo do IES Antonio Fraguas Fraguas de Santiago de Compostela e Iria Sanjuán Casanova do IES Concepción Arenal de Ferrol. Na provincia de Lugo resultou galardoada Carmen Pavón Souto do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo; e en Ourense Pedro López Vázquez de Parga do CPR Plurilingüe Santa Maria de Ourense.

Así mesmo, na provincia de Pontevedra foron galardoados 8 alumnos. Trátase de Ana María Beloso Calvar do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra; Carlos Ben Arribí e Lara San Martín Suárez do IES Valle-Inclán de Pontevedra; Hernán Miguel Comesaña Cayetano do IES Castelao de Vigo; Eva Diz Ferreira do CPR Plurilingüe Apostol Santiago de Vigo; Martín Pereira Chapela do IES Johan Carballeira de Bueu; Pablo Vidal Fernández do CPR Plurilingüe Mariano de Vigo, e Alexander Vidal Zhukova do IES A Xunqueira II de Pontevedra.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre