Inicio Galicia Educación e a asociación Amicos colaboran en accións conxuntas no ámbito da...

Educación e a asociación Amicos colaboran en accións conxuntas no ámbito da discapacidade

0

O conselleiro Román Rodríguez e maila presidenta da Asociación, María Esther Vidal, asinaron o acordo para a posta en marcha de iniciativas específicas para o alumnado con discapacidade intelectual, autismo, parálise ou dano cerebral nos centros escolares


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Amicos, colaborarán no deseño de accións conxuntas nos centros escolares para o alumnado con discapacidade intelectual, autismo, parálise ou dano cerebral, co obxectivo de lograr unha mellor atención a este colectivo.

O conselleiro Román Rodríguez e maila presidenta de Amicos, María Esther Vidal, asinaron o acordo segundo o cal o departamento educativo da Xunta comprométese a promover a formación permanente do profesorado que atende ao alumnado con discapacidade intelectual, trastorno do espectro do autismo, parálise ou dano cerebral; así como a colaborar na sensibilización e na difusión de materias e documentos que permitan un maior coñecemento das circunstancias específicas asociadas a estas circunstancias.

Pola súa banda, esta entidade sen ánimo de lucro aportará os seus coñecementos e a experiencia dos seus profesionais sobre as metodoloxías máis axeitadas, e tamén poderán colaborar directamente cos propios centros escolares.

Leer más:  Rueda piensa que Galicia no debe quedarse al margen de las oportunidades que surgen de la transformación de la industria

Este acordo forma parte dunha das liñas estratéxicas da Consellería, que é a de traballar da man de diversas entidades e asociacións especializadas na atención a colectivos con necesidades educativas específicas para deseñar unha acción educativa integral ás súas peculiaridades e, deste xeito, avanzar nun sistema educativo máis inclusivo, que dea unha resposta acaída á diversidade do alumnado.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación e Amicos manteñen outras liñas de colaboración en materia de transporte e comedor.


- Te recomendamos -