Inicio Galicia Cultura investirá máis de 80.000 euros na restauración do retablo maior da...

Cultura investirá máis de 80.000 euros na restauración do retablo maior da igrexa do convento da Mercé, en Verín

0

A Consellería acaba de publicar a licitación da actuación, que terá un prazo de execución de sete meses

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de publicar a licitación da obra de restauración do retablo maior da igrexa do convento da Mercé, en Verín, por un importe de 81.298,81 euros. Tal e como comprometera o conselleiro o ano pasado, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural levará a cabo esta intervención co fin de garantir a protección e conservación deste ben, que constitúe un conxunto de referencia do patrimonio histórico-eclesiástico de Verín.

Despois dunha análise pormenorizada, os técnicos de Patrimonio concluíron que o conxunto da igrexa e convento da Orde da Mercé presenta un estado de conservación preocupante en certas zonas, principalmente polo repinte xeneralizado da obra que oculta o ataque de xilófagos. Ademais, a incorporación de madeiras novas posiblemente estean enmascarando outros danos estruturais. A traseira do retablo amosa un traballo no que se tenta dar unha apareza estética acorde co resto do repinte, simulando a veta da madeira. Pola súa banda, a policromía orixinal que está baixo a capa do repinte presenta sucidade superficial, aínda que a pesar disto ten un bo estado de conservación.

Leer más:  El TSXG suspende dos proyectos eólicos en provincias de Lugo y Ourense, uno de ellos por vencimiento de declaración ambiental

Tendo en conta esta situación, os traballos que se van acometer teñen por obxectivo realizar estudos históricos e artísticos; estudos lumínicos e/ou radiográficos, así como análises de policromías; elaboración de mapas do estado de conservación; limpeza da superficie; desinsectación curativo-preventiva; consolidación do soporte; fixación de estratos polícromos; eliminación de repinte e limpeza da policromía; axustes volumétricos; reintegración cromática e aplicación de protección final. A actuación terá un prazo de execución de sete meses e todos os detalles da licitación poden consultarse na Plataforma de Contratos de Galicia.

Para poder desenvolver estes traballos, o pasado outubro a Consellería asinou un convenio coa Comunidade Mercedaria de Verín para a posta a disposición dos inmobles necesarios para a restauración do retablo maior da igrexa do convento dos Padres Mercedarios.

Significativo patrimonio esculturalO convento de Nosa Señora da Mercé de Verín foi construído a raíz do traslado do edificio que os mercedarios tiñan na vila de Monterrei baixo a advocación de Santa María Magdalena. Fora fundado por don Sancho de Ulloa, primeiro conde de Monterrei, aínda que a construción de hoxe é do século XVIII. A torre barroca da igrexa e a fachada, con trazas neoclásicas, caracterízase pola sinxeleza das súas liñas.

Leer más:  Rueda sustituye a la dirección del Sergas e nombra a médicos de familia en dos puestos clave

O interior do templo, de nave única, conta cun significativo patrimonio escultural. Destacan o coro e cinco retablos, catro deles laterais e o quinto situado no presbiterio e trazado no segundo terzo do s. XVIII por Frei Pedro Pascual García, mercedario residente en Verín. O retablo maior amosa o momento máis boiante, polo menos desde un punto de vista cultural, polo que pasou o convento a mediados do século XVIII. A riqueza decorativa e a suntuosidade de tanto estípite e voluta harmonizaba coa sofisticación do culto. 


- Te recomendamos -