Inicio Galicia Cultura incorpora tres novos autores ao Portico of Galician Literature, a web...

Cultura incorpora tres novos autores ao Portico of Galician Literature, a web que difunde a literatura galega no exterior

0

Xurxo Borrazás, Begoña Caamaño e Camilo Gonsar forman xa parte do portal www.galicianliterature.gal, con fragmentos das súas obras traducidos ao inglés


A Consellería de Cultura e Educación engade tres novos autores galegos ao Portico of Galician Literature, o portal web en inglés, accesible en www.galicianliterature.gal, que ten como obxectivo principal dar a coñecer no exterior os escritores e as escritoras da literatura galega, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica.

A novela de Xurxo Borrazás Criminal (Vicious), Premio da Crítica Española e Premio San Clemente; unha compilación de relatos de Camilo Gonsar (Collected Stories 1961-1995) e a obra de Begoña Caamaño Morgana en Esmelle (Morgana in Esmelle) son as máis recentes incorporacións a este portal promovido pola Secretaría Xeral de Cultura que pretende impulsar a difusión da literatura e das escritoras e dos escritores galegos no mercado anglófono. Na web atópase a tradución de 40 páxinas dunha das obras de referencia de cada autor ou autora, xunto coa sinopse do libro e un texto biográfico. Con estes tres, son xa 33 os que se atopan a disposición do público. Antes de finais de ano incorporaranse tamén Xosé Cid Cabido e Xosé Monteagudo.

Leer más:  Familiares del Villa de Pitanxo viajan a Terranova el 21 para colocar una placa en memoria de las víctimas

Máis de 80 paísesA páxina web do catálogo Portico of Galician Literature ten, desde a súa posta en marcha en 2012, preto de 11.500 usuarios novos procedentes de máis de 80 países. Os que achegan máis usuarios son Estados Unidos, Reino Unido, España, Corea do Sur, Brasil, Francia, Irlanda, Canadá e India. Estados Unidos, por exemplo, conta con 2.340 usuarios e usuarias. A web serve para dar a coñecer o mellor da literatura galega contemporánea e como punto de referencia nas feiras internacionais. Ofrece unha listaxe de todos os títulos da literatura galega que saíron editados en inglés, con enlaces ás páxinas web das editoriais. Asemade conta cunha breve historia da literatura galega e información sobre dereitos de autor e axudas á tradución.

Axudas á traduciónNesta liña de promoción da cultura galega no exterior, a Secretaría Xeral de Cultura convoca axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas en galego e á tradución para o galego de obras publicadas noutras linguas, así como para a súa edición. Trátase dunha subvención de carácter bianual á que se destinan 200.000 euros. A convocatoria de 2018 resolveuse o pasado mes de xullo cun total de 67 publicacións beneficiarias de 22 editoras diferentes.

Leer más:  Varias viviendas y bajos deshabitados están ardiendo en Tui (Pontevedra)

A Xunta de Galicia edita tamén a colección de clásicos da literatura galega en inglés Galician Classics, de distribución fóra de Galicia en colaboración con Small Stations Press. Lévanse publicado ata o momento sete títulos, Collected Poems, de Lois Pereiro; Folks From Here and There, de Álvaro Cunqueiro; Long Night of Stone, de Celso Emilio Ferreiro; Galician Songs e New Leaves, de Rosalía de Castro; Halos, de Xosé María Díaz Castro, e His Excellency, de Carlos Casares.

Outras iniciativas de promoción da cultura galega no exterior son a edición en dous volumes da antoloxía bilingüe galego-inglés Anthology of Galician Literature –o primeiro volume de textos entre 1196 e 1981, e o segundo de 1981 a 2011–, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia e coa Editorial Galaxia, ou o encontro Con barqueira e remador. Obradoiro internacional de tradución poética, coordinado por Yolanda Castaño, no que seis poetas/tradutores intercambian durante unha semana na Illa de San Simón as súas experiencias no ámbito literario e traducen para o seu idioma a obra poética dos seus compañeiros e compañeiras.

Leer más:  Dos menores han sido evacuados debido a la inhalación de humo después de un incendio en una cocina en Porto do Son (A Coruña)

- Te recomendamos -