Inicio Galicia Cultura e Turismo apoia a celebración do centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid

Cultura e Turismo apoia a celebración do centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid

0

O secretario xeral de Política Lingüística participou este serán no acto de homenaxe ao músico galego que celebrou no Cine Teatro de Ribadeo a comisión organizadora do centenario do seu nacemento

A Consellería de Cultura e Turismo apoia a celebración do centenario do nacemento Carlos Álvarez Fernández-Cid. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán, no Cine Teatro de Ribadeo, no acto de homenaxe do farmacéutico, profesor e músico ribadense que promoveu a comisión organizadora do centenario do seu nacemento. No curso da homenaxe, presentouse o volume Carlos Álvarez Fernández-Cid músico, editado coa colaboración da Xunta de Galicia. O acto estivo amenizado polo grupo 2naFronteira, composto por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

O secretario xeral saudou unha publicación “que nos achega de maneira amena e á vez seria e documentada unha das figuras máis senlleiras da música ribadense, sen a que non pode entenderse a historia musical recente da Mariña e atreveríame a dicir que de Galicia en xeral”.

Canda el, participaron no acto Roberto Rodríguez, en representación da Comisión Organizadora do Centenario de Carlos Álvarez Fernández-Cid; José María Lombardero Río, en nome da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo; Carmen Rodríguez Cancelo, directora da Coral Polifónica de Ribadeo, e Carlos Álvarez Lebredo, fillo do homenaxeado.40 ensaios inéditosCarlos Álvarez Fernández-Cid músico reúne unha corentena de ensaios breves arredor da vida e obra do insigne músico ribadense. Amais destes traballos orixinais, o volume recupera catro artigos aparecidos en diferentes publicacións entre os anos setenta e os primeiros dous mil, que achegan diversas perspectivas sobre a intensa e extensa andaina persoal e profesional deste destacado músico.

Leer más:  Abel Caballero será recibido por Rueda el 26 de junio, ya que no ha tenido reuniones con el presidente de la Xunta desde 2015

O volume complétase cunha ampla e documentada cronoloxía musical do homenaxeado asinada polo seu fillo, o profesor Carlos Álvarez-Lebredo, e mais un valioso proemio do tamén profesor e académico Francisco Díaz-Fierros.

Con esta publicación, a Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase aos actos de conmemoración do centenario de Carlos Álvarez-Fernández Cid, recoñecendo así a importancia da súa figura e as inestimables contribucións que a el deben tanto a música galega, en xeral, coma a ribadense, en particular.

Carlos Álvarez Fernández-CidCarlos Álvarez-Fernández-Cid (Santiago de Compostela, 1918 – Ribadeo, 1984) foi farmacéutico, profesor, activo melómano e concertista de piano e de música de cámara. Residente en Ribadeo desde o primeiro ano de idade, a partir da súa mocidade acompañou e dirixiu diferentes formacións musicais deste concello para as que dispuxo e harmonizou innumerables partituras. Entre as entidades musicais que dirixiu cóntanse a Coral Polifónica de Ribadeo, os coros Sagrado Corazón e Santa María do Campo, a orquestra e coro de Semana Santa ou a rondalla e a banda de música de Ribadeo. 

Leer más:  Sanidad argumenta que los residentes de cuarto año pueden atender consultas "en solitario", pero estarán "supervisados" en la misma institución

- Te recomendamos -